Xa está dispoñibles no centro os vales de material escolar que poderá vir recoller presencialmente a persoa solicitante coa identificación correspondente en horario de 09:00 a 14:00 h. durante os meses de xullo e setembro.
Publicouse no DOGA a nova orde que regula as validacións entre as materias da ESO e o Bacharelato con materias das Ensinanzas Profesionais de Musica e Danza. Podedes acceder a información e os formularios no Menu de Alumnado, validacións.
Aquí podedes consultar a lista de libros de texto paera o curso 23/24. Lembrade que os libros de Bacharelato non se deben mercar ata consultar cos profesores que impartan a materia nese curso agás os libros e cuadernillos de inglés que serán necesarios. Tedes tamén as instrucións para a compra do Workbook de inglés.
Xa está aberto o prazo para facer a prematrícula ás probas de acceso da ABAU da convocatoria extraordinaria do mes de Xullo.
O prazo comeza hoxe, 27 de xuño e remata mañá, 28 de xuño.
Tedes máis información do calendario premendo neste link
A entrega dos boletíns de notas será para todos os cursos da ESO e para a avaliación extraordinaria de 1º e 2 de Bacharelato, o luns 26, ás 12:00 h. Os titores e titoras esperarán ao alumnado na súa aula de referencia.
As datas de matrícula segundo cada curso son: