DÍAS PARA A DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO DA XUNTA e DO FONDO DA ANPA E PARA ENTREGA DOS SOBRES DE MATRÍCULA.
Igual que o curso pasado, a devolución dos libros que o Fondo libros da XUNTA deixou ao alumnado farase o mesmo día que a devolución dos libros da ANPA e a entrega no centro do sobre de matrícula para o curso que vén. Os sobres de matrícula xa están á venta na conserxería do instituto. Para recollelos non é preciso pedir cita.
Aínda que o prazo oficial de matrícula é do día 25 de xuño ao 10 de xullo, para evitar aglomeracións establecemos, de xeito preferente, os seguintes días de devolución dos libros e entrega no centro dos sobres de matrícula:
- Alumnado que se matricula en 1º ESO: 23 e 24 de xuño
- Alumnado que se matricula en 2º ESO: 25 e 28 de xuño
- Alumnado que se matricula en 3º ESO: 25 e 28 de xuño
- Alumnado que se matricula en 4º ESO: 29 de xuño
- Alumnado que se matricula en 1º BACH: 29 de xuño
- Alumnado que se matricula en 2º BACH: 30 de xuño
Publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
O prazo de presentación de solicitudes é dende o 21 de maio ata o 22 de xuño.
De preferencia, as solicitudes presentaranse de xeito telemático. O Código do procedemento é o ED330B.
Achegamos o arquivo da Orde.
Achégase documento coas indicacións para a reclamación de cualificacións.
Xa están publicadas as listas de alumnado admitido para o curso 2021-2022 na aplicación da Xunta e no interior do instituto.
Achegamos información sobre as solicitudes de admisión para alumnado novo que se queira incorporar ao noso centro.
A solicitude farase, preferentemente, de xeito electrónico. De necesitar acudir ao centro, pregamos pidan cita no teléfono 886120429.
A zona de influencia do IES Carlos Casares pódese consultar premendo neste enlace: zona de influencia