O alumnado ou, de ser o caso, proxenitores ou as persoas titoras legais que non estean de acordo coas cualificacións ou decisións adoptadas na avaliación final ordinaria ou extraordinaria de 2º de Bacharelato poderán solicitar unha reclamación no centro seguindo o procedemento que se detalla a continuación:
1º) Poderán solcitar as aclaracións que consideren precisas á persoa titora ou ao profesorado responsable da materia, de acordo co procedemento establecido nas normas do centro.
2º) No caso de que persista o desacordo, poderán solicitar por escrito á dirección do centro a revisión da devandita cualificación ou decisión os días 20 e 21 de maio de 2024.
Poden atopar máis información sobre o procodemento premendo no icono de reclamacións de cualificacións.