Artigo 13. Criterios de baremación ( ORDE do 21 de outubro de 2022)
Cando o número de solicitudes de admisión presentadas en prazo sexa superior ao de postos dispoñibles no centro, valoraranse os seguintes criterios:
Criterio
Puntuación
1. Irmán ou irmá matriculados no centro.
Neste caso,tamen se teñen en conta os fillos de calquera dos cónxuxes sempre que formen parte da unidade familiar.
Por unha irmá ou un irmán matriculada/o no centro: 8 puntos
polo segundo e seguintes, 2 puntos por cada un, co máximo de 14 puntos.
2. Proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou do lugar de traballo da persoa proxenitora, titora ou acolledora.
Considerase domicilio familiar aquel no que convivan habitualmente os membros da unidade familiar cunha antigüidade mínima dun ano.
Nos casos de separación ou divorcio das persoas proxenitoras, se teñen custodia compartida, considérase domicilio familiar aquel en que figure o/a alumno/a.
No suposto de custodia exclusiva, aquel en que figure a persoa proxenitora que teña atribuída a custodia do alumno/a.
Proximidade ao domicilio:
Se está na área de influencia do centro: 8 puntos.
Se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro: 4 puntos.
Proximidade ao posto de traballo:
Se está na área de influencia do centro: 6 puntos.
Se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro: 3 puntos.
3. Renda per cápita da unidade familiar.
Calculase dividindo a renda da unidade familiar do exercicio fiscal anterior en 2 anos ao ano natural de presentación da solicitude entre o número de membros computables
Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.
Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75veces o IPREM: 2 puntos.
Se é igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: 1 punto.
Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos.
4. Persoa proxenitora, titora ou acolledora traballadora do centro docente.
3 puntos, con independencia de que ambas traballen nel.
5. Familia numerosa
Por familia numerosa de categoría especial: 3 puntos.
Por familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos
6. Alumnado nado de parto múltiple.
Sempre e cando soliciten o mesmo centro
Se son dous: 8 puntos
Se son máis de 2: 10 puntos.
7. Familia monoparental.
2 puntos
8. Discapacidade de calquera membro computable da unidade familiar.
Por discapacidade igual ou superior ao 33 % dos membros da unidade familiar, cun máximo de 4 puntos:
Alumno/a: 4 puntos.
Calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, ou o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora: 3 puntos
Calquera das irmás ou dos irmáns: 1 punto por cada un.
9. Condición de vítima de violencia de xénero
Aplícase se algún membro da unidade familiarten a condición vítima de violencia de xénero
2 puntos
10. Condición de vítima de terrorismo.
Aplícase se algún membro da unidade familiarten a condición vítima de terrorismo
2 puntos
11. Criterio complementario.
Non temos
12. Expediente académico para as ensinanzas de bacharelato