A ANPA do centro recollerá un ano máis todos os libros daqueles que queiran doalos ó seu banco para repartir entre o alumnado do vindeiro curso.
Os interesados poden entregalos na biblioteca do centro polas mañás dende o martes 28 ata o venres 1
Grazas pola vosa colaboración
A ANPA do IES Carlos Casares
Lembramos ás nais e pais do alumnado do Centro a OBRIGATORIEDADE do uso do cinto de seguridade no transporte escolar. A responsabilidade do seu uso é do alumnado, en caso de ser denunciado por non usalo as nais e país terían que aboar a multa, que pode chegar ós 300€.
Pregamos recalquen ós seus fillos/as a importancia do emprego do mesmo.
Grazas
Saúdos
A Dirección
Estimadas nais e pais,
Ante os problemas que están a ter algunhas familias para a recepción vía móbil das comunicacións do centro, lembramos o uso da aplicación TokApp School:
Comunicamos a conta da nova ANPA
Abanca ES33 2080 5018 1130 4001 6031
Saúdos
Comunicamos que cambia o libro de INGLÉS de 1º de bacharelato.
Os novos libros son:
- KEY to Bacharelato 1. Student´s book.Ben Wertz. Ed. Oxford University Press (2014) ISBN9780194611053
- KEY to Bacharelato 1. Workbook. Katrina Gormley. Ed. Oxford University Press (2014) ISBN 9780194611121
na relación de libros do curso xa están modificados.