Comunicamos a publicación no DOG do día de hoxe da Orde do 4 de febreiro de 2019, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 21de febreiro e remata o día 20de marzo.
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle
Comunicamos que xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes no Programa municipal de inmersión en lingua inglesa "Vigo en Inglés".
O progama vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese no mes de setembro e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces asisten a un centro escolar, coma calquer outro estudiante local.
Poderan presentar solicitide dende o luns 21 de xaneiro ata ó venres 1 de febreiro.
Comunicamos que unha vez recontados os votos das diferentes candidaturas ao CONSELLO ESCOLAR do Centro, resultan elixidos:
PAIS/NAIS: - Dona Ana Belén Quintana Luis
ALUMNADO: - Dona María Teijeira Pérez
- Dona Abril Costas Domínguez
Lembramos que segundo o calendario de eleccións ao Consello Escolar o luns 26 de novembro terá lugar a votación no seguinte horario:
- Pais- nais: de 14 a 14, 30 e desde as 16,30 ás 19,00 horas
- Persoal de administración e servicios: de 12 a 13 e de 16,30 a 19 horas.
- Profesorado: nos dous recreos da mañá.
- Alumnado: desde as 8,40 ata as 12,40 horas.
Esperamos a túa participación.
Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes dos PAIS/NAI/REPRESENTANTES LEGAIS do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL fai pública a relación de nomes dos candidatos:
A votación será o luns 26 de novembro de 14,00 a 14,30 e de 16,30 a 19,00 horas.
Calendario escolar 2018-2019