Un ano máis Cruz Vermella continúa ofrecendo apoio a aquelas familias con nenos e nenas que teñan dificultades para adquirir o material escolar e inclusive os libros de texto e/ou cuadernillos.
A continuación adxuntamos a nota informativa que poden descargar no ficheiro adxunto.
As solicitudes para estas axudas presentaranse na Asamblea da Cruz Vermella de Vigo do 18 ao 28 de xuño.
Saúdos
O Director
Comunicamos a publicación da
ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2019
Publicamos nos arquivos adxuntos as listaxes definitivas de alumnado admitido/non admitido para o curso 2019-20.
Prazo de reclamacións ata o día 13 de xuño.
Publicamos no arquivo adxunto a listaxe provisional de alumnado admitido/non admitido para o curso 2019-20.
Prazo de reclamacións ata o día 2 de maio.
Saúdos
O equipo directivo
Comunicamos que o prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 20 de marzo.
Os centros adscritos ó Centro son: CEIP SANTA MARIÑA DA BECERREIRA, CEIP CHANS, CEIP CARBALLAL-CABRAL e CEIP IGREXA-CANDEAN
Información do proceso e solicitude electrónica: Proceso Admisión 2019-20
Área de influencia: mapa IES Carlos Casares
Comunicamos a publicación no DOG do día de hoxe da Orde do 4 de febreiro de 2019, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 21de febreiro e remata o día 20de marzo.
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle