O luns 27 de xuño faremos a entrega de notas ao alumnado da ESO co seguinte horario:
- 9:30 1º ESO
- 10:00 2º ESO
- 10:30 3º ESO
- 11:00 4º ESO
As notas de 1º de Bacharelato publicaranse por Abalar o luns, 27 de xuño ás 13:00 horas. As notas de 2º de Bacharelato publicaranse por Abalar o xoves 23 de xuño ás 22:00 horas.
Gozade das vacacións!!
A partir do martes, 21 de xuño, estarán á venta os sobres de matrícula na conserxería do instituto.
As datas preferentes de matrícula son as seguintes
Alumnado que se matricula en:
1º ESO: 23 e 27 de xuño
2º ESO: 27 e 28 de xuño
3º ESO: 28 e 29 de xuño
4º ESO: 29 e 30 xuño
1º BACH: 1 e 4 de xullo
2º BACH: 1 e 4 de xullo
Días de devolución de libros de texto que foron emprestados este curso:
FONDO SOLIDARIO XUNTA DE GALICIA:
21 XUÑO: 4º ESO
22 XUÑO: 2º ESO
Este ano non recolleremos os libros de 1º e 3º de ESO porque non se van reutilizar o curso que vén.
BANCO DE LIBROS DA ANPA:
21 DE XUÑO: 3º E 4º ESO
22 XUÑO: 1º, 2º ESO e 1º BACHARELATO
A ANPA si recolle os libros de 1º e 3º ESO.
Adxuntamos información para facerse socio da ANPA do IES Carlos Casares. Para calquera dúbida, podedes dirixirvos ao enderezo electrónico anpaiescc@gmail.com
Xa está aberto o prazo para a solicitude do fondo libros para o curso 2022-2023 e para a axuda de material escolar. O prazo remata o 22 de xuño.
As solicitudes faranse, preferentemente, por vía electrónica a través do procedemento ED330B. En caso de querer facer a solicitude presencial no centro, rogamos chamen ao 886120429 para pedir cita.
Teñen toda a información no seguinte enlace.
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-020522-000...
Adxuntamos información sobre as modificacións introducidas pola Consellería de Educación sobre a avaliación, promoción e titulación na ESO e Bacharelato.