Iniciar sesión: Acceso

ABAU

Instrucións Matrícula ABAU 2024

O prazo de matrícula para as probas de acceso á universidade (ABAU) neste curso 2023-2024, vai do 16 ao 20 de maio de 2024. Nas dependencias do centro darase toda a información necesaria, tendo en conta que hai que seguir os seguintes pasos:

1. O alumnado ten que facer, previamente á matrícula na proba, o pago da taxa de expedición do título de bacharelato. Este paso é imprescindible para ir á ABAU. Pódese pagar na entidade bancaria co impreso que se facilita no centro ou por vía telemática na páxina www.atriga.gal. Para completar o pago telemático desta taxa pódense consultar as seguintes instrucións:

Instrucións para o pago telemático das taxas do título de Bacharelato

O resgardo do pago das taxas do título de Bacharelato debe ser entregado na oficina do centro cando se vaia realizar a matrícula nas ABAU. As taxas para o título de Bacharelato este curso son as segujintes:

  • Taxa xeral ordinaria: 54 €
  • Familia numerosa. Categoría xeral: 27,03 €
  • Familia numerosa. Categoría especial: 0 €

 

2. Débese cumprimentar o impreso de matrícula nas ABAU, onde se indicará a modalide de bacharelato pola que accede e as materias das que o/a alumno/a se vai examinar na parte voluntaria. O impreso pódese cubrir no centro ou completalo e imprimilo neste enlace.

3. É necesario aboar as taxas de matrícula, para o que hai cubrir e imprimir o documento que se facilita neste enlace. Con este impreso hai que ir a unha das oficinas bancarias indicadas, onde se aboará o importe e selarase o impreso. É preciso facer tres copias para selar no banco (unha quedará na oficina bancaria, outra entregarase no centro coa matrícula e outra para o/a interesado/a). Pódese realizar o pago a través de banca electrónica, neste caso débese imprimir o xustificante da operación e entregalo na oficina do centro xunto co impreso de taxas.

Existe a posibilidade de facer o pago telemático a través da pasarela de NERTA. Neste caso hai estar prematriculado na ABAU e ter xa activo ou nome de ususario/ e contrasinal de NERTA e seguir estas instrucións. O pago por este medio permite non ter que entregar resgardo ningún de pagamento no centro.

4. As taxas de matrícula na ABAU para o presente curso académico son as seguintes:

  • Matrícula ordinaria: 63,67 €
  • Familia numerosa. Categoría xeral: 31,84 €
  • Familia numerosa. Categoría especial: 0 €
  • Persoas con discapacidade maior do 33%, vítimas do terrorismo ou de violencia de xénero: 0 €
  • Persoal das universidades do SUG: 0 €

5. É preciso entregar copia do DNI ao efectuar a matrícula nas ABAU, así como copia da xustificación documental de estar nalgún dos supostos de matrícula reducida ou gratuíta.

 

Distribuir contido