Iniciar sesión: Acceso

Reclamacións

Procedemento e prazos de reclamación de cualificacións finais

Os alumnos e alumnas e os/as responsables legais teñen dereito a recibir información sobre o proceso de avaliación e os seus resultados. Coa finalidade de facilitar este proceso no final do curso, establécese un procedemento para solicitar a revisión de exames e formulación de reclamacións en caso de desconformidade. Tamén cabe reclamar ante a inspección educativa, de non estar de acordo coa resolución do centro. Este procedemento vén recollido na Orde de 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria e na Orde de 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato (DOG 13/06/2023). Pódese consultar o DOG onde se recollen as ordes premendo aquí. Este procedemento está recollido nas NOFC do centro, recollidas nesta mesma web.

RECLAMACIÓN ÁS CUALIFICACIÓNS EN ESO E PRIMEIRO DE BACHARELATO

1. Revisión de exames.

O alumno ou a alumna debe pedir o impreso de revisión de exames unha vez recibida a cualificación na avaliación final ordinaria ou extraordinaria (no caso de Bacharelato). O impreso de solicitude de revisión, dispoñible en conserxaría, que será dirixido ao profesor ou profesora, que mostrará o exame no horario establecido pola Xefatura de Estudos no calendario final de curso.

2. Presentación de reclamación.

En caso de que o/a alumno/a, unha vez revisado o exame, non estivese de acordo coa cualificación poderá presentar reclamación por escrito perante a dirección. Para isto cubrirá un impreso de reclamación, dispoñible en conserxaría, dirixido á Xefatura de Estudos.

Os impresos de revisión e reclamación están dispoñibles tamén nesta web no apartado Descarga de documentos.

3. Resolución da reclamación.

O departamento á que se presentou a reclamación emitirá por escrito unha resolución que integre un informe en que se decida sobre a reclamación.

4. Prazos de reclamación.

Os prazos concretaranse no calendario final de curso.

TRÁMITES PARA RECLAMAR UNHA VEZ RECIBIDA A CUALIFICACIÓN PRAZO MÁXIMO
1. Reclamación ante a dirección 2 días lectivos
2. Resolución da reclamación por parte do departamento

1 día (2 no caso de que se reclame a decisión de promoción)

3. Comunicación da decisión ás persoas reclamantes

Día lectivo / hábil seguinte

4. Recurso para tramitar ante a Xefatura Territorial se persiste o desacordo 2 días hábiles
5. Tempo máximo de resposta por parte da Xefatura Territorial 15 días

 

RECLAMACIÓN ÁS CUALIFICACIÓNS EN SEGUNDO CURSO DE BACHARELATO

Neste caso o proceso, regulado pola Orde de 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022 (DOG 13/06/2023), concrétase na circular que envía aos centros a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Este curso é a Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa a que desenvolve a citada orde para o curso 2022/23 e determina os seguintes prazos:

Reclamacións no centro.

  • Convocatoria ordinaria: 20 e 21 de maio de 2024.
  • Convocatoria extraordinaria: 17 e 18 de xuño de 2024.

Reclamacións ante a Xefatura Territorial.

  • Convocatoria ordinaria: 23 e 24 de maio de 2024.
  • Convocatoria extraordinaria: 20 e 21 de xuño de 2024.

Envío dos expedientes de reclamación á Xefatura Territorial.

  • Convocatoria ordinaria: 27 de maio de 2024.
  • Convocatoria extraordinaria: 24 de xuño de 2024.

 

Distribuir contido