O centro conta con dúas liñas de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), o que significa dous grupos en cada un dos catro cursos desta etapa.
O alumnado procedente do CEIP Flavia é centro adscrito ao IES Camilo José Cela, polo que o alumnado que o desexe ten dereito a praza reservada neste centro.
O currículo da ESO está regulado polo Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para consultar o detalle da oferta educativa neste nivel, poden premer no enlace á nosa Concreción curricular ou dirixíndose directamento ao apartado Normas e documentos do centro.
No IES Camilo José Cela pódense cursar ensinanzas de Bacharelato nas modalidades de: Ciencias e Tecnoloxía, Ciencias sociais e Humanidades ou Bacharelato Xeral.
O Currículo do Bacharelato está regulado polo Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para matricularse no primeiro curso do bacharelato un alumno ou alumna deberá estar en posesión do Título de graduado en ESO. O CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro é centro adscrito en Bacharelato ao IES Camilo José Cela, polo que todo o alumnado deste centro que o desexe ten reserva directa de praza no noso centro.
A oferta educativa concreta deste nivel pode consultarse premendo no enlace á nosa Concreción curricular ou dirixíndose directamente ao apartado Normas e Documentos.