O IES Camilo José Cela ocupa un edifico de máis de 40 anos de antigüidade pero está dotado coas últimas tecnoloxías de apoio á actividade educativa. Dispón dunha rede informática, tanto por cable como sen fíos que permite a conexión á Internet en todos espazos usados por alumnado e profesorado. O centro forma parte da rede Abalar e por tanto conta cunha dotación de ordenadores portátiles para o seu uso en aulas Abalar. O centro conta coas seguintes instalacións:
- 22 Aulas-materia. Cada departamento conta con unha, dúas ou máis aulas en función do número de grupos que atende. Existen catro aulas con equipamento Abalar (conexión wifi Abalar, Encerado Dixital Smart, proxector, portátil para o/a docente e carro de 25 a 28 ordenadores ultraportátiles para o alumnado). Outras 8 destas aulas, repartidas entre os distintos departamentos, son Aulas Dixitais, dotadas con Encerado Dixital Multiclass, proxector e portátil para o/a docente). O resto de aulas-materia dispoñen de ordenador para o/a docente conectado á rede e a un proxector de vídeo con pantalla (unha delas tamén con Encerado Dixital). Algunhas delas contan tamén cunha dotación de equipos informáticos para uso dos alumnos e das alumnas. Todas as aulas-materia dispoñen de material específico (bibliográfico e didáctico) para as materias que se imparten nelas.
- Laboratorios de Física e de Química. Contan con material de laboratorio e de instrumentación científica para as actividades prácticas que se realizan neles.
- Laboratorio de Ciencias da Natureza. Está dotado como unha aula-materia e conta ademais con coleccións de minerais, rochas e seres vivos, outro material didáctico e material de laboratorio e instrumentación científica para as actividades prácticas que se realizan nel.
- Aula de Informática. Conta con 20 ordenadores para o alumnado, máis un para o/a docente, todos eles conectados á rede.
- Aula de Debuxo. Conta co material específico para actividades técnicas e artísticas
- Aula de Música. Conta con instrumentos musicais, colección de obras musicais, sistema de audición e diverso material relacionado con actividades musicais.
- Aula de Relixión. Conta con bibliografía e videoteca relacionada co seu uso.
- Aula de Tecnoloxía. Conta con ferramentas e outro material específico para esta materia.
- Aula de Pedagoxía terapéutica. Conta con material pedagóxico para atención do alumnado con dificultades de aprendizaxe.
- Biblioteca. Conta cun fondo de cerca de 10.000 libros. Ademais conta cun fondo de filmes en formato DVD. Pon a disposición do alumnado catro postos de ordenador conectados a internet e un posto de visualización de DVD. Forma parte da rede de Bibliotecas Escolares de Galicia e participa no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).
- Salón de Actos. Dispón de cadeiras móbiles, escenario e infraestrutura de conexión a internet e megafonía. Tamén conta cun canón proxector e pantalla para proxeccións, un piano e unha mesa de equipo de audio.
- Despachos de dirección, xefatura de estudos e secretaría.
- Aula para a recepción de familias.
- Aula de Mediación. No segundo andar do centro, é o espazo de reunión e realización das actividades do Servizo de Mediación entre Iguais que funciona no centro desde o curso 2018-2019.
- Despacho de orientación educativa.
- Aula de Convivencia.
- Ximnasio cuberto. Conta cos aparatos e outro material específico para as actividades nel realizadas
- Cancha de Deportes. Área pavimentada ao aire libre, con delimitación de campos de xogo.
- Polideportivo. Instalación municipal compartida cos dous centros de ensino veciños. Posúe entrada exclusiva para o noso centro desde o recinto do patio.
- Cafetería. Está aberta durante o horario lectivo e serve bebidas quentes, zumes, bocadillos, etc. á comunidade educativa.
- Conserxería. Dispón dunha máquina fotocopiadora, conectada á rede informática, para uso do profesorado e alumnado
- Aparcadoiro para os vehículos da Comunidade Educativa. Dispón de prazas para os vehículos do profesorado e para motos e bicicletas do alumnado.