Neste enlace pódese consultar o arquivo adxunto onde se inclúen as actividades complementarias e extraescolares previstas para o curso 2019-2020 e aprobadas polo Consello Escolar o 4 de novembro de 2021.
Este ano 2017 rematou para o noso IES cunha visita moi especial. O día 20 decembro, grazas á iniciativa do profesor de Filosofía, Lois Gil, e contando coa desinteresada colaboración do escultor Camilo Seira, desfrutamos da visita de Marcos Rodríguez Pantoja. Marcos é unha persoa única que viviu unha vida única, pois cando era só un neno foi levado a Serra Morena como axudante dun pastor que vivía alí illado coidando cabras. Cando este home morreu, Marcos quedou vivindo na serra só en compaña dos lobos... desde os 7 ata os 21 anos de idade! A película Entre lobos (Gerardo Olivares, 2010) conta só unha parte da súa apaixonante historia.
As / Os que estivestes no Auditorio de Padrón no encontro con Marcos seguro que non esqueceredes a humanidade e a simpatía desta persoa. Para lembrar este evento, achegamos o seguinte vídeo.
Os nosos alumnos e alumnas deleitáronse o pasado martes día 7 marzo co proxecto teatral e literario d'Os Quinquilláns e a Editorial Galaxia no Auditorio Municipal de Padrón
O proxecto teatral e literario ideado por Os Quinquilláns e a Editorial Galaxia a partir do libro Cousas de Alfonso Daniel R. Castelao chegou ao Auditorio de Padrón o martes 7 marzo.
A montaxe provocou en moitos momentos o riso, posto que Castelao manexaba coma ninguén a retranca, a comedia, a farsa, pero tamén estivo moi presente a tristura e a traxedia, sentimentos variados que se desprenden das páxinas da obra e tamén da representación teatral. Apareceron en escena relatos tan coñecidos como "O pai do Migueliño", que recrea a dureza da emigración, unha temática que tristemente segue a resultar actual; ou o "Rifante" que despois de coñecer o éxito non soubo xestionar unha época mala e cría que a vergoña era peor que a fame, un tema, o da caída económica, que resulta familiar en tempos de crise. E así outros moitos relatos que apareceron en escena mesturados con pinceladas sobre o propio Castelao.
O IES Camilo José Cela celebrou o día de Rosalía cun video
Máis información no blog de normalización
O pasado sábado día 28 de maio o IES Camilo José Cela celebrou o seu primeiro Acto de Despedida aos alumnos de Bacharelato da promoción 2014-16. Ao acto acudiron os Srs. Alcaldes de Rois, de Cesures e de Dodro, así como a Sra. Concelleira de Cultura de Padrón, en representación do Sr. Alcalde.
O acto comezou cun discurso de Manuel Baña Porto, director do centro, e continuou coas intervencións de Arturo Reboyras, exalumno, e de Javier López en representación da súa promoción. Pechou a parte dos discursos Lorena Couso Dopazo, Concelleira de Cultura do Concello de Padrón.
O acto continuou coa proxección dun emotivo vídeo con momentos da vida dos estudantes, e así se chegou ao momento culminante do acto que foi a imposición de bolsas e entrega de agasallo por parte de Eugenia Temprano, secretaria e Cristina Estévez, xefa de estudos, respectivamente.
Entre os discursos, os asistentes gozaron de dúas pezas musicais interpretadas por Diego Rojo, profesor do Centro. Despois do acto os asistentes gozaron dunha copa de viño español.
Bases
Obxecto: deseño dun logotipo destinado a ser a imaxe do Centro na páxina web, así como en todo tipo de documentación elaborada polo mesmo.
Participantes: doderá participar no concurso calquera membro da comunidade educativa: profesores, alumnos e PAS. Cada concursante poderá presentar un máximo de 3 deseños. A participación no concurso presupón a aceptación das presentes bases en todos os seus termos.
Proposta: o deseño será orixinal e inédito.
Documentación: entregarase dentro dun sobre cerrado de tamaño A4 identificado só coas palabras “Concurso Logotipo”, que conterá no seu interior:
- Unha folla de tamaño A4 identificada mediante o pseudónimo co que se concursa, que inclúa: unha versión en tamaño grande do logotipo impresa en cor. Un CD-ROM co arquivo do logotipo en formato JPG, coa resolución suficiente para poder utilizalo en aplicacións informáticas. O nome do arquivo debe coincidir co pseudónimo co que se concursa, coa extensión jpg separada por un punto. O CD-ROM irá identificado mediante o pseudónimo co que se concursa.
- Un segundo sobre pechado, de tamaño máis reducido que o anterior, no interior do cal se incluirán o nome, teléfono, e-mail e demais datos persoais do autor e no exterior exclusivamente o pseudónimo co que concursa.
Prazo de presentación: o prazo para presentar os deseños comezará o día 15 de marzo e rematará o 15 de abril de 2016. Durante este período os concursantes deberán entregar os seus traballos na Vicedirección do Centro.
Xurado: o Xurado encargado de valorar as propostas estará formado por:
Membros do xurado: ningún membro do xurado poderá presentarse como candidato ao premio.
Acordo do xurado: de entre todos os proxectos presentados o xurado escollerá o gañador. A imposibilidade de alcanzar un acordo entre os membros do xurado fará o concurso que se declare deserto. A decisión do xurado farase pública a través da web, e o taboleiro de anuncios do Centro.
Dotación do premio: 150 € en material escolar.
Propiedade Intelectual: O logotipo gañador pasará a ser propiedade exclusiva e permanente do Centro, que será libre para empregalo total ou parcialmente ou modificalo da maneira que xulgue oportuna.
O IES Camilo José Cela conmemorou o 179 aniversario do nacemento de Rosalía cunha exposición e a participación dos alumnos de 1º e 2º de ESO nun acto de homenaxe que tivo lugar no Espolón e no Auditorio [Ver video]
O pasado día 29 de outubros os alumnos de 1º, 2º, e 3º de ESO leronn relatos breves de terror e un xurado formados tamén por alumnos e alumnas escolleou os mellores. Os relatos premiados foron os seguintes: