Este martes 15 de outubro e o mércores 16 de outubro, o stand do INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) estará instalado no Salón de Actos do IES Camilo José Cela. Poderá ser visitado en horario de mañá (reservado aos centros educativos) e en horario de tarde, de 16:00 a 19:00, para o público en xeral.
O INCIBE é unha empresa pública que ofrece formación, asesoramento e servizos para a mellora da ciberseguridade. No stand ofrécese unha información moi valiosa para a navegación e uso seguro das redes, que será de moita utilidade para o estudantado e as persoas usuarias en xeral.