Este ano 2017 rematou para o noso IES cunha visita moi especial. O día 20 decembro, grazas á iniciativa do profesor de Filosofía, Lois Gil, e contando coa desinteresada colaboración do escultor Camilo Seira, desfrutamos da visita de Marcos Rodríguez Pantoja. Marcos é unha persoa única que viviu unha vida única, pois cando era só un neno foi levado a Serra Morena como axudante dun pastor que vivía alí illado coidando cabras. Cando este home morreu, Marcos quedou vivindo na serra só en compaña dos lobos... desde os 7 ata os 21 anos de idade! A película Entre lobos (Gerardo Olivares, 2010) conta só unha parte da súa apaixonante historia.
As / Os que estivestes no Auditorio de Padrón no encontro con Marcos seguro que non esqueceredes a humanidade e a simpatía desta persoa. Para lembrar este evento, achegamos o seguinte vídeo.