NON TEMEMOS A MORTE. Levámola dentro. Celebrámolo ESTOU AQUÍ. Enfronte atópase o resto do mundo. O vento do norte sutura o teu verbo a esta casa. Instala o noso medo na raíz. Ponlle nome a aquilo que cremos amar por moito tempo. Pensa no instante en que soubemos que este muro caerá. Abre a porta, deixa pasar os cans: que coman da mesa. Para que cheire a terra a entroido ou barricada dunha vez. Para que cheire a algo que se desfai e se compón constantemente. Non deteñas a ollada na beleza do incendio. Abre unha fisura. Rompe o círculo. Escapa. |
6 |