Con data de 2 de novembro de 2021, a Xunta electoral do IES Camilo José Cela convoca as elección ao consello escolar do centro. No arquivo adxunto que acompaña esta mensaxe e que se pode consultar neste enlace, achégase o calendario do proceso electoral nos distintos sectores da comunidade educativa do noso IES.
Informamos brevemente das principais cuestións:
-Os censos electorais de alumnado e familias están expostos no taboleiro do vestíbulo do centro. Cada persoa responsable ten dereito a voto, polo que convén que as familias consulten se figuran correctamente os datos dos dous proxenitores. En caso de que se detecte algún erro, debe comunicarse na oficina do centro para a súa subsanación.
-O prazo de presentación de candidaturas comprende do 4 ao 11 de novembro de 2021. Renovaranse dous postos de representantes das familias.
-O sorteo en que se determinarán as catro persoas compoñentes da mesa electoral das familias realizarase o martes 16 de novembro ás 10:25 h nas dependencias do centro.
-As votacións dos/as representantes das familias realizaranse o martes 23 de novembro, de 16:30 a 19:30.
Animamos á participación de toda a comunidade no proceso como mostra do compromiso co ensino público. Grazas de antemán.
O próximo mércores día 15 de setembro comeza o curso escolar 2021-2022 no ensino secundario. Queremos dar a benvida, de novo, a toda a comunidade escolar e lembrar as normas básicas de acceso ao centro, tendo en conta que aínda estamos cos protocolos en vigor polo risco de pandemia.
1. O uso da máscara continúa a ser obrigatorio durante toda a xornada escolar. Todas as persoas que accedan ao centro teñen que mantela posta en todo momento. Ademais, débese realizar a hixiene de mans con xel hidroalcohólico ao entrar, nos dispensadores habilitados ao efecto. Tamén se ten que gardar a distancia interpersoal de 1,5 metros, evitando en todo momento as aglomeracións.
2. Ninguén debe acudir ao centro se presenta síntomas compatibles coa COVID-19 ou foi contacto directo dunha persoa contaxiada. Lembramos que este curso, o acceso ao interior dos familiares do alumnado seguirá estando restrinxido a trámites administrativos. As titorias realizaranse telefonicamente agás en casos especiais onde se concertará unha cita presencial.
3. As familias asinarán unha declaración responsable conforme se comprometen a realizar a enquisa de autoavaliación diaria aos mozos e mozas ao seu cargo, co fin de detectar síntomas compatibles e evitar que acudan ao centro se están infectados.
4. CALENDARIO DE INICIO DE CURSO:
Día 15 mércores. Presentacións (nas aulas de cada curso)
▪ 09:00. Presentación de 1º e 2º de Bacharelato.
▪ 10:30. Presentación de 2º de ESO.
▪ 11:00. Presentación de 3º de ESO.
▪ 11:30. Presentación de 4º de ESO.
▪ 12:00. Presentación de 1º de ESO (Coas familias no exterior do centro e Salón de actos).
▪ 13:00. Saída de autobuses.
▪ 17:00. Consello Escolar (telemático)
Día 16 xoves.
▪ 08:45 – 14:25. Inicio das clases no horario normal.
Lembramos ao alumnado que non se matriculou en xuño por ter materias pendentes para setembro, que os días para realizar a matrícula serán o luns 6 e martes 7 de setembro, de cara a axilizar o proceso.
Pódense consultar, no enlace e mais no arquivo adxunto, as datas dos exames extraordinarios de setembro para os cursos da ESO e 1º de Bacharelato.
Lembramos que o alumnado de ESO que se examina en setembro e ten libros de texto en préstamo, debe devolvelos o luns día 6 ás 11 h, cando veña recoller os boletíns de notas.
Avisamos de que a partir do luns 12 de xullo, as familias que os solicitasen e lles fosen concedidos, poderán pasar a recoller os vales para material escolar.
Tamén están publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais de libros de texto concedidos, para que poidan ser consultadas.
Xa está dispoñible a lista actualizada de libros de texto para o vindeiro curso 2021-2022. Consultade no apartado correspondente ou no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iescamilojosecela/?q=node/53
O noso centro acadou, como vén sendo habitual, uns excelentes resultados na convocatoria extraordinaria das ABAU. Conseguiuse un 100% de aprobados do alumnado presentado. Ademais, o noso centro estaría entre os mellores de Galicia nesta proba, ao conseguir un 7,052 de media na fase xeral (en prensa saíu o 26 de xuño unha listaxe onde a media dos 48 mellores centros de Galicia, públicos e privados, oscilaría entre 7,9 e 7,003).
Ademais, dos 17 alumnos e alumnas que se presentaron ás ABAU na convocatoria ordinaria, 4 estudantes (un 23,5%) obtiveron un recoñecemento por parte da USC aos mellores expedientes de Galicia: unha porcentaxe sensiblemente superior á doutros centros do contorno.
Parabéns a todo o alumnado e á comunidade educativa por estes resultados.
Lembramos que aínda está aberto o prazo para a matrícula nos premios extraordinarios de ESO. Estes premios están dotados con 800 € e poden optar a eles alumnos e alumnas que rematasen este curso 4º de ESO cunha media igual ou superior a 9.
Tedes toda a información no seguinte enlace. O prazo de matrícula remata o 9 de xullo. A matrícula pódese realizar a través da aplicación premiosedu, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos rexistros oficiais establecidos.