Comunicamos que acaba de saír a convocatoria de Bolsas de estudo para Bacharelato e FP para o próximo curso 2022-2023. Saíu publicada no BOE de 10 de marzo de 2022.
Nesta convocatoria modifícanse os prazos e o procedemento de xestión de solicitudes. O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, ambos inclusive.
Pódese consultar toda a información en:
O proceso de admisión do alumnado nos centros públicos de ensino secundario réxese polo Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, concretado nos aspectos non derrogados pola Orde do 12 de marzo e 2013, modificada nos seus prazos pola Orde do 18 de decembro de 2020.
O proceso desenvólvese a través duns prazos. No referente ao noso centro, o máis salientable é o seguinte:
1. O alumnado dos nosos centros adscritos que queira cursar estudos no curso seguinte no IES Camilo José Cela xa ten praza reservada para quen fixese a súa solicitude durante os meses de xaneiro-febreiro.
2. O alumnado doutros centros non adscritos que queira cursar estudos no IES Camilo José Cela pode presentar solicitudes de admisión desde o 1 ao 21 de marzo. Para realizar este trámite poden entrar na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, cubrindo o impreso que poden descargar premendo aquí. Calquera dúbida pode ser resolta achegándose ás oficinas do IES, enviando un correo electrónico ou chamando por teléfono ao 881866240. Tamén poden personarse na oficina do centro ou descargar, premendo aquí, a solicitude de admisión e enviala cuberta ao enderezo de correo ies.camilo.jose.cela@edu.xunta.gal para que sexa tramitada no centro.
3. O alumnado de Bacharelato pode cursar no IES Camilo José Cela a nova modalidade de Bacharelato Xeral. O noso centro é o único da comarca de Padrón que o ofertará. Este bacharelato está especialmente dirixido a alumnado que procure unha formación polivalente que combine materias do eido científico e social: sería alumnado interesado en titulacións como Xornalismo, Psicoloxía, Comunicación Audiovisual ou, mesmo, estudos empresariais.
4. Hai que lembrar que as listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas sairán publicadas no taboleiro de anuncios do centro antes do 15 de maio. No caso habitual de que todas as solicitudes estean admitidas, pulicarase unha nota na páxina web do centro. O número de prazas dispoñibles está exposto no taboleiro de entrada ao centro e, tamén, pode consultarse no arquivo adxunto premendo aquí.
Os prazos de matrícula, para o alumnado que realizase ou non o proceso de admisión, serán os seguintes:
Alumnado aprobado en convocatoria ordinaria e extraordinaria: do 25 de xuño ao 10 de xullo.
Comunicamos que xa está exposta no taboleiro da entrada do centro a listaxe de alumnado dos centros adscritos con reserva de praza para o curso 2022-2023. Asemade comunicamos que as prazas son suficientes para o alumnado adscrito e quedan vacantes para novas incorporacións.
O prazo de admisión para alumnado procedente doutros centros comeza o vindeiro día 1 de marzo e estará aberto ata o 21 de marzo, ambos os dous inclusive.
Comunicamos que o luns 31 de xaneiro saíu publicada a Orde de 11 de xaneiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022 (AxudasLe). As axudas van dirixidas a alumnado de 1º ou 2º de Bacharelato no presente curso. As actividades realizaranse durante os meses de verán.
Estas axudas consisten en estancias para perfeccionar os idiomas estraxeiros nos respectivos países que os teñan como lingua propia. O prazo de solicitudes vai do 1 ao 28 de febreiro.
Pódese consultar toda a información na páxina da aplicación:
O pasado 21 de decembro foi o último día de clase antes das vacacións de Nadal, pero tamén foi o derradeiro día de clase para unha profesora que, despois de 24 anos de servizo no centro, se xubila o vindeiro día 31: Chus Senín.
Chus, que foi directora do IES Camilo José Cela entre 2007 e 2011 e vicedirectora en dous períodos, de 1998 a 2004 e de 2017 a 2021, deixa unha fonda pegada en todos nós. O alumnado e o profesorado do centro quixeron que o seu derradeiro día como profesora no IES fose inesquecible e as imaxes que vos poñemos no seguinte vídeo dan boa proba de que así foi.
Moitas grazas Chus pola dedicación, o bo facer e polas incontables horas de traballo dedicadas a todas e todos nós. Desexámosche o mellor e confiamos en que sigas presente na vida do centro, que tanto contribuíches a dinamizar! Seguiremos véndonos!!!
O venres 10 de decembro, unha representación do alumnado do grupo 4º ESO A do IES Camilo José Cela desprazouse á sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para recibir da man do Secretario Xeral un dos premios outorgados no Concurso "Novos Poliedros", organizado por Igaciencia - Institución Galega de Ciencia en colaboración coa devandita Secretaría Xeral.
O traballo realizado consistiu na creación, reprodución e denominación en galego dun novo poliedro, chamado Amora polo alumnado participante. No proxecto colaborou o profesorado do Departamento de Matemáticas do IES Camilo José Cela: Mercedes Ferreiro Castro, Manuel Gándara Pastrana, Rosa Ana Mirón Blanco e Alejandro Reborido Santos. Para a impresión 3D do poliedro contaron coa colaboración do profesor do Departamento de Xeografía e Historia, Xoán André Santaló Ríos.
O xornal El Correo Gallego publicou na súa web a información sobre a entrega do premio. Pódese ver a noticia premento o seguinte enlace:
Parabéns ao alumnado, ao seu profesorado e ao traballo realizado.
Hoxe, 15 de novembro, comeza o prazo de solicitude de máscaras para o alumnado de ESO. O alumnado que foi beneficiario do cheque escolar neste curso xa non ten que presentar solicitude. O resto do alumnado que cumpra os requisitos, debe solicitalas na oficina do centro. O prazo remata o 26 de novembro.
Para saber que alumnado ten dereito a solicitalas, pódese consultar neste enlace ao texto das instrucións que se achega como adxunto. O texto completo pode consultarse na Orde de 28 de outubro de 2021.
Lembramos a toda a comunidade educativa que as candidaturas, de todos os sectores, ás Eleccións ao Consello Escolar do IES Camilo José Cela están expostas no taboleiro do centro. Hai un prazo de dous días para reclamacións.