Iniciar sesión: Acceso

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras (Axudas Le)

No DOG do 20 de febreiro publícase a Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 21 de febreiro e remata o 20 de marzo.

O seguinte enlace conduce á aplicación en liña para a xestión das solicitudes e á información sobre o proceso:

https://www.edu.xunta.es/axudasle/

 

Elección ao Consello Escolar 2018

O martes 30 de outubro, ás 10:25 (1º recreo) realizarase o sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral que organizará e supervisará o procedemento de elección de membros do Consello Escolar.

A renovación parcial do Consello Escolar realízase no primeiro trimestre do presente curso 2018-2019, segundo as directrices que marca a Resolución do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

A Xunta Electoral estará constituída por: o director do centro, un profesor ou unha profesora, unha nai /pai / representante legal, unha / un representante do persoal de administración e servizos e unha alumna ou un alumno. Os últimos catro serán os representantes elixidos no sorteo público.

Estrea do musical High School Musical, protagonizado polo alumnado de 1º de Bacharelato do IES Camilo José Cela

O alumnado do IES Camilo xa está preparado para a estrea do musical que levan preparando todo este ano. Será o próximo 1 de xuño, en horario de mañá para todos os alumnos e todas as alumnas do IES e ás 20:00 para o público de Padrón que queira asistir. Animádevos a achegarvos o 1 de xuño ao Auditorio de Padrón!!

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO

Lembramos que aínda está aberto o prazo para a matrícula nos premios extraordinarios de ESO. Estes premios están dotados con 800 € e poden optar a eles alumnos e alumnas que rematasen este curso 4º de ESO cunha media igual ou superior a 9.

Tedes toda a información no seguinte enlace. O prazo de matrícula remata o 9 de xullo. A matrícula pódese realizar a través da aplicación premiosedu, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos rexistros oficiais establecidos.

 

Distribuir contido