A Biblioteca, o @edlg_ortegal e o @club_ciencias_ortegal convocamos a segunda edición do Certame de Microrrelatos Científicos do IES Cabo Ortegal. Anímate a participar!
Sabías que Luísa Villalta era da Coruña? E que, ademais de escritora, foi música? Na exposición da planta baixa puidose coñecer máis datos interesantes sobre a protagonista do Día das Letras Galegas.
Algunhas imaxes máis para o recordo do Festival das Letras 2024: 1. Poder Pita interpretando "Ferrol", de Los limones 2. Naiara e Sara recitando a Aldaolado 3. As botafumeiras bailando "Terra", das Tanxugueiras 4. Marcos facendo seus os versos de Daniel Asorey 5. 2º ESO A tocando "Camariñas" 6. Noel lendo a Carlos Negro 7 e 8. Algunhas das persoas premiadas
Comezamos a semana recordando algúns momentos do Festival das Letras que celebramos o pasado mércores: 1 e 2. Lume Lola bailando o mix que nos prepararon 3. Zeltia recitando "Falade galego", de Pondal 4. Xoel e Adrián lendo uns versos de Daniel Asorey 5. Os Chascarraschás interpretando "A vella e o can" 6. Ana e Alba póndolle voz a "A fala" de Manuel María 7. Os das baquetas tocando o seu "Tambón" 8. Alejandro recitando "A poesía é unha lingua minorizada", de Yolanda Castaño
Foi unha mañá xenial na que gozamos da nosa literatura, do noso folclore e da nosa cultura e homenaxeamos a Luísa Villalta. Velaquí as primeiras mostras do que vivimos 1. O Grupo Cabo Ortegal interpretando a "Polca do Saviñao" 2. Sara e Kiara recitando poemas de Luísa Villalta 3. Zoe e Celina recitando a Celso Emilio Ferreiro 4. Os mellores presentadores 5. Poder Pita bailando "Pico e pala" 6. Os Xacobeos interpretando "Compañeiro, sei tocare" 7. Ángel tocando a súa "Muiñeira" 8. O noso fantástico xurado 9. Sabela e Andrea tocando o Himno galego Dende aquí queremos darlle as grazas ó Concello por cedernos as instalacións do Auditorio Municipal nesta xornada e, sobre todo, a todo o alumnado participante que fixo este festival posible
As persoas que asistimos ó recreo de Micro Aberto do pasado martes tivemos a sorte de coñecer un pouco máis sobre a India da man dunha autóctona. Kirti, a nosa auxiliar de lingua inglesa, descubriunos algunhas curiosidades sobre o seu país. Falounos da súa cultura, amosounos algúns costumes, descubriunos a persoeiros importantes, contounos datos sobre a súa gastronomía e moito máis! Grazas, Kirti! E si ti tamén queres descubrir cousas tan interesantes coma esta, non faltes á próxima cita dos #recreosdemicroaberto!!
A semana pasada, o EDLG e a Biblio repartimos entre o alumnado e o profesorado estes marcapáxinas para homenaxear a Luísa Villalta. Verdade que son chulos? As ilustracións foron obra de Yuliia e Andrea, as gañadoras do concurso de retratos do #díadasletrasgalegas. Parabéns, rapazas!
Durante o 2º trimestre, o alumnado colaborador do EDLG desenvolveu a campaña @aquitamensefala e repartiu polos establementos cariñeses cartaces que promoven o uso do galego. Neste Mes das Letras, iremos dando a coñecer nas redes os locais e colectivos que se uniron á iniciativa, mais de momento podedes ver un adianto nos corredores. Grazas a tódalas persoas que se sumaron á campaña e, en especial, ó noso alumnado dinamizador!
O martes 14 de maio, celebrouse en Santiago a XVI XORNADA DE CLUBS DE LECTURA. A nosa compañeira Ana acudiu a relatorios sobre dinamización, teatro e achegamentos á lectura da man de persoas como a autora Arantza Portabales @arantzaportabales, o dramaturgo Artur Trillo ou a ilustradora Julia Lago @quepasajuliA Anotamos moitísimas ideas e títulos para incorporar o próximo curso!
O alumnado de 3º ESO A realiza un taller a cargo de ASFEDRO sobre "Prevención de condutas aditivas no ámbito escolar; non pasa nada, pasa algo?" o xoves 9-5-24 de 11:30 a 12:20 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Orientación.
O alumnado de 4º ESO A e PDC realiza un taller a cargo de ASFEDRO sobre "Prevención do xogo patolóxico no ámbito escolar: xogo revolto" o mércores 8-5-24 de 10:10 a 11:00 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Orientación.
O alumnado de 4º ESO participa no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol no Programa D'tec o luns 6-5-24 de 08:30 a 17:30 horas.
Trátase dunha xornada de innovación que inclúe:
1º.- Taller D´Tec En Caída. Tecnolab: A actividade consiste nunha aproximación experimental á telemetría e ao deseño. Os participantes terán unha dobre misión. Por unha banda, deseñar un sistema de descenso para un piloto de probas (un ovo) e polo outro, programar un sistema que lles permita recoller datos mediante telemetría, monitorizando diferentes parámetros do descenso. O reto consistirá en conseguir que o noso piloto sobreviva e que o dispositivo recolla os datos da caída, que deberán manterse en valores compatibles coa supervivencia do piloto.
2º.- Taller D´Tec Cosendo o futuro. Os e-téxtiles: Hoxe en día estamos rodeados de materiais innovadores, que cada vez se integran máis na nosa vida cotiá. E os tecidos non escapan a esta revolución. Comprobámolo? Durante o taller recibiremos unha formación básica en programación e posteriormente pasaremos á fase de deseño, creando unha peza ou complemento que integrará unha placa electrónica programable e reaccionará aos estímulos que programemos (cambios de intensidade de luz, ruído, movemento…).
A actividade está organizada polo departamento de Tecnoloxía.
O alumnado de 4º ESO A e B ten una charla informativa do C.D. Cariño o mércores 22-5-24 de 10:10 a 11:00 horas.
A actividade está incluída no programa Coñece o meu club da plataforma Xogade, que pretende ser unha ferramenta para achegar os escolares aos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecéndolles unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre, que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables.
O alumnado de 1º BAC ten una charla informativa do C.D. Cariño o xoves 23-5-24 de 08:30 a 09:20 horas.
A actividade está incluída no programa Coñece o meu club da plataforma Xogade, que pretende ser unha ferramenta para achegar os escolares aos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecéndolles unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre, que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables.
O alumnado de 2º ESO B ten una charla informativa do C.D. Cariño o martes 21-5-24 de 12:20 a 13:10 horas.
A actividade está incluída no programa Coñece o meu club da plataforma Xogade, que pretende ser unha ferramenta para achegar os escolares aos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecéndolles unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre, que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables.
O alumnado de 3º ESO A ten una charla informativa do C.D. Cariño o martes 21-5-24 de 11:30 a 12:20 horas.
A actividade está incluída no programa Coñece o meu club da plataforma Xogade, que pretende ser unha ferramenta para achegar os escolares aos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecéndolles unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre, que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables.
O alumnado de 2º ESO A ten una charla informativa do C.D. Cariño o mércores 22-5-24 de 12:20 a 13:10 horas.
A actividade está incluída no programa Coñece o meu club da plataforma Xogade, que pretende ser unha ferramenta para achegar os escolares aos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecéndolles unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre, que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables.
O alumnado de 1º ESO A ten una charla informativa do C.D. Cariño o mércores 22-5-24 de 11:30 a 12:20 horas.
A actividade está incluída no programa Coñece o meu club da plataforma Xogade, que pretende ser unha ferramenta para achegar os escolares aos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecéndolles unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre, que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables.
O pasado venres, 3 de maio, un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato integrado por Sara Armada, Carmen Fustes, Zoe Gómez, Alba Martínez e Laura Salgueiro, xunto coas profesoras Bea Otero, Patricia Vázquez e Sara Filgueira, participaron no II Congreso Nacional Escola Rural, celebrado en Ribadavia. Alí, as nosas representantes deron a coñecer ante profesionais da educación de toda España os proxectos e actividades que se levan a cabo no noso centro. Grazas ó CFR de Ferrol por contar con nós para esta actividade.
O pasado martes 30 de abril o alumnado de 3ºESO realizou unha saída didáctica a Santiago de Compostela acompañado das profesoras Patricia Vázquez e Sara Filgueira. Pola mañá acudiron á Cidade da Cultura para visitar a exposición de realidade aumentada "Hábitats. Natureza estendida". E, tras unha pausa para xantar, pola tarde participaron nun roteiro histórico-literario pola cidade vella. A actividade foi organizada conxuntamente polos departamentos de Lingua Galega e Literatura, Física e Química e polo EDLG.
Un grupo de 15 alumnas/os de ESO e 1º BAC participa na segunda sesión do obradoiro "ANÍMATE! introdución ao cine de animación" da man do artista local Borja Guerrero Parapar, o luns 29-04-24 de 11:30 a 14:00 horas.
Trátase de abrir unha vía de traballo e de creación enfocado ao mundo do audiovisual e do cine. As novas tecnoloxías permítennos traballar no mundo da animación con material próximo sen necesidad de contar cun gran presuposto, facer producións “profesionais” co mundo que nos rodea, todo vai depender da nosa pericia e destreza coas distintas ferramentas e materiais que utilicemos: – Imaxinación, Gañas, Materia prima (lápices, papeis, plastilina, obxectos de refugallo…) e Tablet ou móbil.
Segunta parte A modo de práctica, os asistentes crearán as suas propias animacións en stop motion. Finalmente, cada participante fará un plano ou máis a partir dun guión gráfico, cada un destes planos corresponderase cunha parte dun filme. Deste xeito e entre todos trataremos de facer unha pequena curtametraxe.
A actividade está organizada polo equipo de Biblioteca e o departamento de Educación Pástica.
O alumnado de 1º BAC que forma parte do equipo de Polos Creativos participa o venres 26-04-24 de 08:30 a 18:00 horas na xornada de exposición en Santiago.
Con motivo do Día do Libro, o alumnado de 2º ESO visita, de 11:30 a 14:00 horas, o CEIP Manuel Fraga Iribarne para compartir cun grupo de primaria a lectura dunha selección de textos.
Organizan a Biblioteca e os departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega.
Foi unha xornada ben bonita xa que a rapazada de 2ºESO foi de visita ó Cole para lerlles uns textos ós máis pequenos e lemos fragmentos dalgunhas obras insispensables da literatura europea