Skip to Content

Información de interese

4ºESO: TALLER QUÉROTE

20/04/2021 12:20
20/04/2021 14:00

O alumnado de 4º ESO asistirá a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote o martes 20 de abril de 12:20 a 14:00 horas

3ºESO TALLER QUÉROTE

20/04/2021 10:10
20/04/2021 12:20

O alumnado de 3º ESO asistirá a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote o martes 20 de abril de 10:10 a 12:20 horas

3ºPMAR TALLER QUÉROTE

20/04/2021 08:30
20/04/2021 10:10

O alumnado de 3º PMAR asistirá a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote o martes 20 de abril de 08:30 a 10:10 horas

ENQUISA CONVIVENCIA ESCOLAR 2021

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.

No marco desta Estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025, polo que faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Cubrir o cuestionario estímase que leva uns 10-15 minutos.

Ao longo desta semana facilitarase  o código de acceso á recollida de datos, sendo a data límite para cubrir a enquisa o 29 de abril (incluído).

Nas seguintes ligazóns pódese acceder aos diferentes formularios para a recollida de datos de cada sector da comunidade educativa:

 

Agradecémoslle a súa colaboración e participación nesta recollida de datos.

2ºBAC B CHARLA USC

15/03/2021 12:20
15/03/2021 13:10

O alumnado de 2º BAC B ten unha charla, impartida por Javier López, dentro do programa A Ponte da USC o luns 15-3-21 de 12:20 a 13:50 horas

2ºBAC A CHARLA USC

15/03/2021 10:10
15/03/2021 11:50

O alumnado de 2º BAC A ten unha charla, impartida por Javier López, dentro do programa A Ponte da USC o luns 15-3-21 de 10:10 a 11:50 horas

2ºBAC A CHARLA ORIENTACIÓN

22/12/2020 12:20
22/12/2020 13:10

O alumnado de 2º BAC A ten unha charla impartidas polo departamento de orientación o martes 22-12-20 de 12:20 a 13:10 horas.

2ºBAC B CHARLA ORIENTACIÓN

22/12/2020 10:10
22/12/2020 11:00

O alumnado de 2º BAC B ten unha charla impartidas polo departamento de orientación o martes 22-12-20 de 10:10 a 11:00 horas.

CONMEMORACIÓN 25 N

O alumnado de 1º da ESO que cursa a materia de Investigación e tratamento da información elaborou este vídeo para conmemorar o 25 N. 

ORDE 6/11/2020 PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMANDO

Publicada a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21: ENLACE Á ORDE.

Para poder optar a esta axuda haberá que presentar na administración do centro educativo o ANEXO I de solicitude cuberto e que se pode descargar dende o seguinte enlace: ANEXO I

  • Non ten que presentar solicitude o alumnado que foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, é dicir, aquelas familias á que se lles entregou o cheque para material escolar non é necesario que fagan ningún trámite pois xa estarían admitidos.
  • Si terían que presentar solicitude aquelas familias que non están no caso anterior e que ademais cumpran algún deste requisitos: Familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € - Alumnado matriculado en educación especial - Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia - Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 16 ao 27 de novembro de 2020.

GAÑADORAS DOS CONCURSOS DE SAMAÍN 2020

07/11/2020 11:58
07/11/2020 12:58
Xa temos as gañadoras dos concursos de Samaín!!
No concurso de máscaras arrepiantes o xurado decidiu outorgarlle os premios a:

Moitos parabéns, rapazas!!

 

No concurso de narración de historias de medo o premio foi declarado deserto por mor da escasa participación


 

MÁSCARAS PRESENTADAS AO CONCURSO DE SAMAÍN 2020

06/11/2020 12:05
06/11/2020 12:05

Deixámosvos unhas fotos das máscaras gañadoras e de tódolos traballos presentados ao concurso de samaín:

SAMAÍN 2020

03/11/2020 11:55
03/11/2020 11:55

A fin de semana pasada celebrouse o Samaín e, como non podía ser doutra maneira, o seu espírito chegou á nosa Biblio. Deixámosvos aquí unhas fotos do aspecto que loce dende hai uns días. Parece que as arañas viñeron facer das súas...


Ademais, na mesa do vestíbulo había unha selección de libros e películas arrepiantes. Vide botar un ollo e escollede os que máis vos gusten!

FORMACIÓN NOVOS USUARIOS DA BIBLIOTECA

29/10/2020 11:49
29/10/2020 11:49

O xoves 29 de outubro levouse a cabo unha sesión de formación dos novos usuarios de 1º ESO, que debido ás circunstancias actuais se realizou en dous espazos e en varias quendas.

Comezamos conversando co grupo na súa aula. A rapazada contounos que é para eles unha Biblioteca, as súas experiencias previas nestes lugares e a súa relación coa lectura. A continuación proxectamos un vídeo elaborado polo Equipo da Biblioteca no que o alumnado dos cursos máis altos nos explican as novas normas de uso derivadas da crise da COVID. Podedes ver o vídeo completo na web do centro (pica aquí).

En quendas baixaron á biblioteca para que os novos usuarios puidesen coñecer os seus fondos e ver como están organizados.



 

 

REANUDACIÓN DOS PRAZOS NO PROCESO DE ADMISIÓN

En virtude da RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, acórdase o restablecemento do procedemento de admisión do alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria e bacharelato en centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020-2021.

Nesta Resolución, os prazos a ter en conta serán os seguintes:

  • Presentación de solicitudes de admisión: do 11 ao 18 de maio (ambos incluídos).
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño.
  • Formalización da matrícula ordinaria: do 1 ao 10 de xullo.

 

O alumnado de nova incorporación que desexe solicitar praza para o próximo curso no IES  Cabo Ortegal, pode realizar a solicitude dunha das seguintes formas:

  • Dixitalmente mediante no seguinte enlace: ADMISIÓN ALUMNADO

  • Presencialmente entregando toda a documentación pertinente no IES Cabo Ortegal en horario de atención ao público de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas.

CANCELADA 1º e 2º BAC CHARLAS TEMÁTICAS

14/04/2020 10:25
14/04/2020 12:05

O alumnado de 1º e 2º BAC ten unha charla e un taller sobre "D3 mobile: escaneado 3D de obxectos reais co móbil/TÁE" o martes 14 de abril de 2020 de 10:25 a 12:05  horas

3ºEA CHARLA DISLEXIA

12/03/2020 10:25
12/03/2020 11:15

O xoves 12 de marzo de 10:25 a 11:15 horas o alumnado de 3ºESO A ten unha charla sobre dislexia impartida Elena Balado Aneiros, alumna de 4ºESO A.

3º ESO A e ADES: ECOTONO

14/02/2020 10:25
14/02/2020 12:05

O alumnado de 3º ESO A e Ades realiza unha saída á praia o venres 14 de febreiro de 2020 de 10:25 a 12:05 horas

1º e 2º ESO: TEATRO EN FRANCÉS EN FERROL

23/01/2020 08:00
23/01/2020 13:45

O alumnado de 1º e 2º de ESO que cursa Francés asiste a unha representación teatral en Ferrol o xoves 23 de xaneiro de 2020 de 08:00 a 13:45 horas

3º ESO A e ADES: ECOTONO

15/01/2020 12:20
15/01/2020 14:00

O alumnado de 3º ESO A e Ades realiza unha saída á praia o mércores 15 de xaneiro de 2020 de 12:20 a 14:00 horas

4º ESO A e B CHARLA DA ARMADA

02/12/2019 16:50
02/12/2019 17:40

O alumnado de 4º ESO A e B ten unha charla, impartida por un membro da Armada, o luns 2 de decembro de 16:50 a 17:40 horas

4ºESO CIENCIAS, 1ºBAC ROBÓTICA: VIAXE Á CORUÑA

26/11/2019 08:30
26/11/2019 17:30

O alumnado de 4º ESO Ciencias e de 1º BAC que cursa robótica realiza unha viaxe á Coruña onde visita a Domus e participa no obradoiro e concurso de robótica o martes 26 de novembro de 2019 de 08:30 a 17:30 horas

TODOS CONMEMORACIÓN DO 25N

25/11/2019 10:30
25/11/2019 13:30

Con motivo da conmemoración do 25N, Día Internacional dea Eliminación da Violencia contra á muller, realizaremos unha serie de actividades en colaboración co Concello de Cariño de 11:30 a 13:30 horas.

 

3º ESO A e ADES: ECOTONO

20/11/2019 11:15
20/11/2019 13:10

O alumnado de 3º ESO A e Ades realiza unha charla o mércores 20 de novembro de 11:15 a 13:10 horas

4ºESO, 1º2ºBAC: CLUB DE CIENCIAS

14/11/2019 16:00
14/11/2019 18:00

O alumnado de 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC, inscritos no Club de Ciencias durante o curso 19-20, participa nunha-obradoiro charlaimpartida polo xeólogo Francisco Canosa, o xoves 14 de novembro de 16:00 a 18:00

3º ESO A e ADES CHARLA PLAN DIRECTOR

07/11/2019 10:25
07/11/2019 11:15

O alumnado de 3º ESO A e 3º ESO ADES ten unha charla sobre Drogas e Acol o xoves 7 de novembro de 2019 de 10:25 a 11:15 horas

4º ESO A e B CHARLA PLAN DIRECTOR

04/11/2019 16:50
04/11/2019 17:40

O alumnado de 4º ESO A e B ten unha charla sobre a Violencia de Xénero o luns 4 de novembro de 2019 de 16:50 a 17:40 horas

2º ESO PMAR CHARLA PLAN DIRECTOR

04/11/2019 12:20
04/11/2019 13:10

O alumnado de 2º ESO PMAR ten unha charla sobre Acoso Escolar o luns 4 de novembro de 2019 de 12:20 a 13:10 horas

2º ESO A CHARLA PLAN DIRECTOR

04/11/2019 10:25
04/11/2019 11:15

O alumnado de 2º ESO A ten unha charla sobre Acoso Escolar o luns 4 de novembro de 2019 de 10:25 a 11:15 horas

4ºESO: CLUB DE CIENCIAS

23/10/2019 15:30
23/10/2019 17:30

O alumnado de 4º da ESO, inscritos no Club de Ciencias durante o curso 19-20, participa nunha ruta xeolóxica pola contorna de Cariño, realizada polo xeólogo Francisco Canosa, o mércores 23 de outubro de 15:30 a 19:30 

Distribuir contido


by Dr. Radut