Skip to Content

Actividades

CHARLA SOBRE SAÍDAS LABORAIS DUN FARMACÉUTICO

20/04/2018 12:20
20/04/2018 14:00

O alumnado de 1º e 2º de BAC que cursan Bioloxía teñen unha charla sobre as posibles saídas da carreira de Farmacia impartida por Lisardo Álvarez de 12:20 a 14:00 horas na Aula de Usos Múltiples

 

ALUMNOS DO IES NA VOZ DE GALICIA

19/04/2018 08:52

Os alumnos do IES Cabo Ortegal Mario Fraga Fernández, estudiante de 1º de Bac, e Adrián Pernas Lamas, de 2º de Bac, foron entrevistados pola Voz de Galicia.

Mario é debuxante de cómics e ten publicado o seu traballo «Arlén», e Adrián decántase polo realismo e exporá os seus debuxos no Museo Pedagóxico de Galicia.

Podedes ver a entrevista completa clicando no seguinte enlace

Mario, amosando a portada do seu cómic Arlén e Adrián cun debuxo feito por el

VISITA DO ESCRITOR HECTOR CAJARAVILLE

17/04/2018 12:30
17/04/2018 14:00

O alumnado de 3º e 4º de ESO participa nunha charla, e posterior firma de libros, co autor Hector Cajaraville o martes 17 de abril de 2018 no Aula de Usos Múltiples do centro de 12:30 a 14:00 horas.

CHARLA QUÉROTE +

16/04/2018 10:25
16/04/2018 12:05

O alumnado de 3º ESO ten unha charla dentro do programa QUÉROTE + de 10:25 a 12:05 horas

VISITA AO CAMPUS DA CORUÑA

12/04/2018 07:45
12/04/2018 19:00

O alumnado de 1º e 2º de BAC realiza unha visita ao campus da Coruña o xoves 12 de abril de 2018 de 07:45 a 19:00 horas.

 

MASTER CLASS DE FÍSICA NA USC

06/04/2018 07:30
06/04/2018 19:00

A alumna Alba Rodríguez Novo e os alumnos Antón Filgueira Barcón, Mario Fraga Fernández e Adrián Fraguela Casto, de 1º de BAC, acuden a unha Master Class de física que organiza a Universidade de Santiago de Compostela.


ALMORZOS SAUDABLES PARA 2º ESO A

05/04/2018 08:30
05/04/2018 09:20

O alumnado de 2º ESO A almorzou na cafetería do instituto de 08:30 a 09:20 horas

VISITA DAS REDEIRAS DE CARIÑO

23/03/2018 10:25
23/03/2018 11:15

O alumnado de 1º ESO reciben a visita das redeiras de Cariño de 10:25 a 11:15 horas.


CHARLA DA USC: A LINGUAXE ADOLESCENTE

09/03/2018 11:15
09/03/2018 12:20

O alumnado de 1º e 2º de BAC ten unha charla impartida por Belén Méndez Naya da USC sobre os "A linguaxe adolescente" o venres 9 de marzo de 2018 de 11:15 a 12:05 horas na Aula de Usos Múltiples.

TEATRO EN FRANCÉS: VIS LA VIE EN ROSE

02/03/2018 08:30
02/03/2018 13:30

O alumnado de 1º e 2º da ESO que cursan Francés asiste a unha representación teatral en Ferrol o venres 2 de marzo de 2018 de 08:30 a 13:00 horas.

TEATRO EN FRANCÉS: LA BELLE ET LA BÊTE

01/03/2018 09:30
01/03/2018 17:00

O alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC que cursan Francés asiste a unha representación teatral en A Coruña o xoves 1 de marzo de 2018 de 09:30 a 17:00 horas.

MULLERES NA CIENCIA:

28/02/2018 10:25
28/02/2018 13:10

O mércores 28-2-18 3 alumnas de 1º de BAC e 4 de 2º de BAC visitan ao alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria do CEIP Manuel Fraga Iribarne de Cariño para realizar una presentación sobre as mulleres na ciencia baixo o título "Eu son científica" de 10:25 a 13:10 horas.

Realizan unha presentación e un kanhoot, 2 experimentos e un reto de completar un circuito cun robot.

MULLERES NA CIENCIA: EU SON CIENTÍFICA

28/02/2018 10:25
28/02/2018 13:10

O mércores 28-2-18 3 alumnas de 1º de BAC e 4 de 2º de BAC visitan ao alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria do CEIP Manuel Fraga Iribarne de Cariño para realizar tres obradoiros sobre as mulleres na ciencia baixo o proxecto que están levando a cabo no colexio "Eu son científica", de 10:25 a 13:10 horas.

Realizan unha presentación e un kahoot, 3 experimentos relacionados coa ciencia e un reto de completar un circuito cun robot.

 

Foi unha experiencia moi moi positiva!! Moitas grazas ao colexio por organizar esta actividade e contar con nós!! E moitas grazas a Alba, Ainhoa, Eva, Carla, Sabela, Ángela, Ashley e Laura por ser unhas magníficas monitoras!!

E, como non, unha vez máis saímos na prensa. Podedes acceder ao artigo de La Voz de Galicia clicando aquí.

 

VISITA Á CENTRAL TÉRMICA DAS PONTES

27/02/2018 10:20
27/02/2018 17:00

O martes 27-2-18 o alumnado de 1º e 2º de bacharelato de Ciencias realiza unha visita á Central Térmica de As Pontes de 10:30 a 17:00 horas.

   

SAÍDA DIDÁCTICA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

27/02/2018 08:30
27/02/2018 20:00

O martes 27-2-18 o alumnado de 1º e 2º de bacharelato de Humanidades realiza unha saída didáctica a Santiago de Compostela de 08:30 a 20:00 horas.


ACTIVIDADES NA PISCINA MUNICIPAL

22/02/2018 11:15
22/02/2018 14:00

O alumnado de 1º da ESO A e A desdobre realiza unha actividade na piscina municipal o xoves 22 de febreiro de 2018 de 11:15 a 14:00 horas.

ACTIVIDADE NA PISCINA MUNICIPAL

21/02/2018 11:15
21/02/2018 14:00

O alumnado de 1º da ESO A e A desdobre realiza unha actividade na piscina municipal o mércores 21 de febreiro de 2018 de 11:15 a 14:00 horas.

ACTIVIDADE NA PISCINA MUNICIPAL

20/02/2018 11:15
20/02/2018 14:00

O alumnado de 2º da ESO A e B realiza unha actividade na piscina municipal o martes 20 de febreiro de 2018 de 11:15 a 14:00 horas.

FESTIVAL DE ENTROIDO

09/02/2018 11:15
09/02/2018 14:00

O venres 9 de febreiro, de 11:15 a 14:00 horas o IES Cabo Ortegal celebra o Entroido.

Haberá un concurso de disfraces, actuacións musicais, photocall e degustación de chocolate con chaolas.

Houbo premios para todos. A continuación expoñemos os principais:

Os astronautas

David Ramos e Tatiana Rey

1º ESO B

Tetas

Arantxa Aneiros e Aida Bellón

1º BAC

Roaschch

Mario Fraga

1º BAC

A galiña

Miguel López

1º ESO A

 

Comic

Carla Villasuso, Antía Pita, , , Paula Varela, Claudia Sánchez, Iria Armada,

Elena Balado, Manuel Fraguela, Natalia Colorado e Lucía Ferro

1º ESO A e B

 

VISITA AO CESGA

07/02/2018 08:30
07/02/2018 18:00

O alumnado de Ciclo e de 1º e 2º de BAC que cursan TIC I e TIC II realiza unha saída didáctica a Santiago de Compostela na que visitan o Centro de Supercomputación de Galicia o mércores 7 de febreiro de 08:30 a 18:00 horas

CHARLA DA USC: BOSQUES DE GALICIA

02/02/2018 11:15
02/02/2018 12:15

O alumnado de 1º e 2º de BAC acude a unha charla impartida por Antonio Rigueiro Rodríguez da USC sobre os "Bosques de Galicia" o venres 2 de febreiro de 2018 de 11:15 a 12:05 horas na Aula de Usos Múltiples.

CHARLA DA USC: APELIDOS GALEGOS

30/01/2018 10:25
30/01/2018 11:15

O alumnado de 1º e 2º de BAC participa nunha charla impartida por Ana Isabel Boullón Agrelo da USC sobre os "Apelidos galegos" o martes 30-1-18 de 10:25 a 11:15 horas na Aula de Usos Múltiples.

QUEN DIXO MEDO

19/12/2017 13:10
19/12/2017 14:00

PANXOLIÑAS NO IES

19/12/2017 12:05
19/12/2017 12:20

O 19 de decembro "The 0,5 Band" felicitou o Nadal con 5 panxoliñas en inglés:

- 2º BACH: "Deck the hall" e "Auld land syne"
- 2º ESO: "Xmas tree", "Santa klaus is coming to town" e "We wish you a merry xmas"
 
 

EXPOSICIÓN E OBRADOIRO: CARTAS DE AMOR

14/12/2017 12:20
14/12/2017 14:00

O xoves 14 de decembro de 12:20 a 14:00 horas o alumnado de 4º ESO A participa nun obradoiro co título "cartas de amor" na Aula de Usos Múltiples. Tamén visitou a exposición que co mesmo título estaba no vestíbulo do noso centro.

EXPOSICIÓN E OBRADOIRO: CARTAS DE AMOR

14/12/2017 10:25
14/12/2017 14:00

O xoves 14 de decembro de 10:25 a 12:05 horas o alumnado de 3º ESO A, B e PMAR participa nun obradoiro co título "cartas de amor" na Aula de Usos Múltiples. Tamén visitou a exposición que co mesmo título estaba no vestíbulo do noso centro.

RUTA XEOLÓXICA POLOS ACANTILADOS DE LOIBA

27/11/2017 08:00
27/11/2017 14:00

O luns 27 de novembro de 08:30 a14:00 horas o alumnado de 1º ESO A e A desdobre realiza unha andaina polos acantilados de Loiba guiados polo xeólogo especialista de Fran Canosa.

ESPECTÁCULO SOBRE ASTRONOMÍA

17/11/2017 11:00
17/11/2017 12:00

O alumnado de participou nunha sesión de vídeo streaming do espectáculo de ciencia sobre a astronomía o xoves 23 de novembro de 11:00 a 12:00 horas.

O espectáculo propón, cun enfoque didáctico e ameno, un percorrido polo coñecemento que temos na actualidade do Universo e os diferentes corpos celestes que o compoñen. Así, percorreremos o Universo coñecido utilizando os datos máis actuais que se coñecen e incluíndo abundantes referencias históricas que poñan en valor os avances da ciencia nos últimos decenios.

 

CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR

15/11/2017 10:25
15/11/2017 11:15

O alumnado de 2º de ESO B ten unha charla sobre acoso escolar o mércores 15 de novembro de 2017 de 10:25 a 11:15 na aula de Usos Múltiples

ALMORZOS SAUDABLES

15/11/2017 08:20
15/11/2017 09:53

O mércores 15 de novembro de 08:30 a 09:20 horas o alumnado de 2º ESO B participou nun almorzo saudable na cafetería do instituto.

Distribuir contido


by Dr. Radut