Skip to Content

Matemáticas

4º ESO, 1º BAC e CICLO CHARLA EN NARÓN

09/03/2023 10:30
09/03/2023 16:00

O alumnado de 4º ESO, 1º BAC e CICLO asiste a unha charla sobre "A nosa pegada dixital en Internet: canto saben de nós e para que o usan" no Pazo da Cultura de Narón o xoves 9-3-23 de 8:30 a 16:00 horas. Despois da charla, faise un tramo da Ruta dos Muiños de Xuvia.

A relatora é  Susana Ladra, enxeñeira e doutora en Informática pola UDC, graduada en Matemáticas (UNED), Directora do Campus Innova da UDC, profesora Titular, investigadora do CITIC e Vicepresidenta do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia. Obtivo premios como MSCA 2018 Award ou Premio Ada Byron Nova pola Universidade de Deusto.

A actividade está organizada polos departamentos de Informática, Matemáticas e Tecnoloxía do IES Cabo Ortegal.

     

     

4ºESO, 1º2ºBAC: CLUB DE CIENCIAS

14/11/2019 16:00
14/11/2019 18:00

O alumnado de 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC, inscritos no Club de Ciencias durante o curso 19-20, participa nunha-obradoiro charlaimpartida polo xeólogo Francisco Canosa, o xoves 14 de novembro de 16:00 a 18:00

4ºESO: CLUB DE CIENCIAS

23/10/2019 15:30
23/10/2019 17:30

O alumnado de 4º da ESO, inscritos no Club de Ciencias durante o curso 19-20, participa nunha ruta xeolóxica pola contorna de Cariño, realizada polo xeólogo Francisco Canosa, o mércores 23 de outubro de 15:30 a 19:30 

CLUB DE CIENCIAS VISITA AS CÍES E AS TERMAS DE OURENSE

31/05/2019 12:05
02/06/2019 22:00

O alumnado participante no Club de Ciencias realiza unha viaxe didáctica ás Illas Cíes e ás Termas de Ourense do 31-5-19, a partir das 12:05 horas, ao 2-6-19


3º ESO A e B PROXECTO RÍOS

30/05/2019 11:15
30/05/2019 13:10

O alumnado de 3º ESO A e B realiza actividade dentro do programa "Proxecto Ríos" o xoves 30-5-19 de 11:15-13:10 horas

VISITA AO MUNCYT DA CORUÑA

05/06/2018 08:30

O alumnado de 2º de ESO realiza unha visita ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña o martes 5 de xuño de 2018 de 08:30 a 19:00 horas

VISITA DO FÍSICO JORGE MIRA

O pasado venres 5 de xuño estivo na biblioteca do IES Cabo Ortegal o Físico, investigador e divulgador galego Jorge Mira para impartir dúas charlas: a primeira, para 1º, 2º e 3º ESO, sobre o  percorrido histórico pola loita do ser humano para determinar as dimensións do universo, dende os gregos ata os nosos días; e a segunda, para 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato, sobre curiosidades da ciencia que atinxen á selección sexual, cálculos de temperaturas do ceo-inferno e o movemento do botafumeiro...entre outras cousas. Ao remate das charla houbo unha quenda de preguntas.

Os rapaces disfrutaron moito e foi unha delicia poder escoitalo. Esperamos que plantase unha semente de curiosidade e interese pola ciencia, o noso primeiro obxectivo con estas charlas. 

Esta actividade foi realizada polo Departamento de Biblioteca, e colaboraron os Departamentos de Física e Matemáticas.

Mira

Chocomates

12/11/2009 00:30
12/11/2009 21:30
Os departamentos de Historia e Matemáticas levaron ó alumnado de 3º da ESO a Santiago de Compostela en donde participaron na actividade de Chocomates que tivo lugar na facultade de matemáticas da USC e na actividade Arqueocampo que tivo lugar no centro social do Castiñeiriño
Distribuir contido


by Dr. Radut