29/03/2023 12:57
Unha representación do alumnado participante no proxecto Erasmus+ 'Embaixadores do Xeoparque Cabo Ortegal' mantivo unha reunión co alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, co fin de solicitar ao Concello un espazo no paseo marítimo para a realización dunha exposición os días 11 e 12 de abril. Moi agradecidos ao Concello pola súa colaboración!