Eventos
O alumnado de 3º e 4º ESO participa nunhas charlas do Proxecto Miranda promovido pola Asociación Profesional de Redeiras de Cariño o mércores 16-10-24 de 11:30 a 13:10.
O alumnado de 1º BAC ten unha charla a cargo do Centro Superior de Hostelería de Galicia o xoves 17-10-24 de 11:30 a 12:20 horas.
Organiza o departamento de Orientación
O alumnado de 2º ESO A e B participa no obradoiro de ASFEDRO o 21-10-24 de 10:10 a 11:00 horas
O alumnado de 1º ESO A e B participa no obradoiro de ASFEDRO o 21-10-24 de 11:30 a 12:20 horas
O alumnado de 4º ESO A participa no obradoiro de ASFEDRO o 21-10-24 de 12:20 a 13:10 horas
O alumnado de 3º ESO A e B participa no obradoiro de ASFEDRO o 21-10-24 de 13:10 a 14:00 horas
O alumnado de 2º ESO visita o MUNCYT e participa no XV Obradoiro e Concurso Galego de Robótica en A Coruña o mércores 23-10-24 de 08:30 a 19:00 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Tecnoloxía.
O 24 de outubro a clase de 1º ESO participou na formación de inicio do curso para coñecer a Biblioteca e aprender a usar os seus recursos.
Nesta sesión, o novo alumnado coñeceu as instalacións da Biblio, descubriu algunhas actividades que se desenvolven nela e aprendeu como estaban organizados os fondos e a buscar de xeito autónomo os materiais que precisan. Tamén recibiron o seu número de lector e aprenderon como teñen que facer para levar materiais prestados.
Encántanos que esta rapazada veña á súa nova Biblio tódolos recreos!!!
No #DíadasBibliotecas,
fixémoslle entrega dos seus diplomas certificativos ó equipo de
voluntarias/os do curso pasado.
O alumnado de 3º ESO e o profesorado interesado ten unha charla o xoves 24-10-24 de 12:20 a 13:10 horas para informar do protocolo a seguir e o manexo e tipo de subministración da medicación en persoas con diabete.
Se realizarán prácticas da administración da medicación ante unha situación de hipoglucemia.
Organizan o Departamento de Orientación e a ANPA Beiramar
Para celebrar o Samaín no IES Cabo Ortegal tivemos unhos días moi arrepiantes:
E aquí tedes uns exemplos:
Visionamento de curtas nos #recreosdemedo2024
Detalles do aspecto final que loce a Biblio durante estes días
As nosas xeniais voluntarias axudando a decorar
O martes 29 foi o turno do concurso de decoración das aulas:
O alumnado de 2º ESO ten un obradoiro sobre Benestar Emocional impartido por María Martín, o martes 29-10-24 de 13:10 a 14:00 horas.
Organiza el departamento de Orientación
E non podían faltar o concurso dos terroríficamente saborosos doces de Samaín.
O alumnado e o proesorado do insti pasou polo photocall que colocou a ANPA Beiramar no vestíbulo
DÍA DO ENSINO (NON LECTIVO)
DÍA DE TÓDOLOS SANTOS (NON LECTIVO)
Durante o Samaín, un terrible crime sucedeu no IES Cabo Ortegal. O martes amencemos coa noticia do asasinato da xefa de estudos do que se fixeron eco os xornais.
Seis grupos de intrépidos estudantes da ESO ofrecéronse voluntarios para investigar o crime. Tras seguir as pistas e analizar as probas atopadas pola planta baixa do instituto, descubriron que o culpable foi o xefe de estudos de adultos, que quería quedar co despacho de Elisa.
O culpable xa dorme na cadea e os nosos investigadores recibirán a súa recompensa nos próximos días!
#samain #clubdeciencia #edlg #bescolaresgal
Este mes de novembro volve a ciencia en galego á Biblio! Volven os Recreos Científicos, organizados polo @club_ciencias_ortegal, o @edlg_ortegal e a Biblioteca!
Tódolos xoves o alumnado do Club de Ciencias presentaranos os seus experimentos.
Non faltedes!
Velaquí algunhas das nosas últimas adquisicións. Agárdanvos, coma sempre, na sección de NOVIDADES da entrada da Biblio.
No primeiro dos Recreos Científicos deste mes ca ciencia en galego, que se desenvolveu o xoves 7 de novembro, Os alumnos de 4º ESO David, Ce, Dani e Álex realizaron o experimento do ovo saltarín e explicáronnos o proceso de osmose.
Organizan os equipos de Biblioteca, Club de Ciencias e DLG
O noso alumnado de 3º ESO participa nun programa de inmersión lingüística nos Peares (Carballedo, Lugo) do 10 ao 16 de novembro de 2024.
Xunto ao alumnado doutros centros, potencian especialmente a súa capacidade para a comprensión e expresión orais mediante a estancia durante varios días nunha instalación que posibilita a inmersión total en inglés con profesorado nativo.
Así mesmo, mediante a metodoloxía CLIL, facilítase a adquisición de contidos adecuados para cada etapa educativa, e os programas complétanse coa realización de talleres, xogos, deporte, ...
Organizan os departamentos de Inglés e Tecnoloxía.
O alumnado de 1º BAC A ten unha charla a cargo de membros da Armada o xoves 14-11-24 de 11:30 a 12:20 horas.
Organizada polo departamento de Orientación.
LECTURAS CIENTÍFICAS
Vistes estes días a mesa instalada na entrada da Biblio? Neste #mesdaciencia algúns libriños saíron dos estantes e están esperando a que os levedes á casa! Astronomía, física, botánica, zooloxía... Hai para tódolos gustos! A que esperades?
#recomendacións #lecturas #ciencia #mesdacienciaengalegonasbibliotecas #bescolaresgal #plambe #edlg
o venres, 15 de novembro volven os Recreos de Micro Aberto!!
No marco do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, mañá inauguramos os deste curso con Pablo, profe do Club de Ciencias Ortegal, que nos contará moitas cousas interesantes sobre unha das súas paixóns, a astronomía.
Non o perdades!
Organizan os equipos de Biblioteca, do Club de Ciencias e do DLG