Eventos
Laura FO dí: " Ainda estou asimilando a semana que acabamos de pasar cos nosos amibos bretóns. Non teño máis que palabras de agradecemento polo ben que saíu! Creo que esta experiencia foi un claro exemplo de que traballando en equipo, todo funciona. Grazas ao meu alumnado, aos meus compis, ao equipo directivo e por suposto, ás familias. Seguirei presumindo de traballar no mellor instituto de Galiza!
O alumnado de 1º e 2º de BAC ten unha charla sobre as distintas opcións que poden atopar na Univesidade da Coruña o martes 16-4-24 de 11:30 a 13:10 horas. Estará impartida por Miguel Ángel Rodríguez Luaces.
A actividade está organizada polo departamento de Orientación.
Un grupo de 15 alumnas/os de ESO e 1º BAC participa na primeira sesión do obradoiro "ANÍMATE! introdución ao cine de animación" da man do artista local Borja Guerrero Parapar, o luns 22-04-24 de 11:30 a 14:00 horas.
Trátase de abrir unha vía de traballo e de creación enfocado ao mundo do audiovisual e do cine. As novas tecnoloxías permítennos traballar no mundo da animación con material próximo sen necesidad de contar cun gran presuposto, facer producións “profesionais” co mundo que nos rodea, todo vai depender da nosa pericia e destreza coas distintas ferramentas e materiais que utilicemos: – Imaxinación, Gañas, Materia prima (lápices, papeis, plastilina, obxectos de refugallo…) e Tablet ou móbil.
Primeira parte
Introdución ao mundo da animación: Falaremos do precinema para axudarmos a entender o funcionamento da animación, para isto valerémonos de múltiples xoguetes ópticos que nos darán unha visión máis real e cercana do que é a animación; o seu funcionamento e os principios teóricos.
Proxección de curtametraxes en stop motión: A modo de exemplo e para introducirnos no cinema de animación visionaremos diferentes curtas, onde poderemos comentar e analizar sobre a propia realidade plástica do stop motión e todo o que nos aporta.
Práctica co software “Stop Motion Studio”: Familiciarémonos co programa de animación para aprender o seu funcionamento, podendo centrarnos posteriormente no proceso de animación.
No Día do Libro, fixemos unha lectura compartida de anacos dalgunhas obras relevantes da literatura universal nos idiomas do alumnado.
Podedes ver que o pasamos moi ben!!
Velaquí unhas mostras...
Para conmemorar o Día do Libro montamos un mercado de intercambio de libros usados no recreo
Con motivo do Día do Libro, o alumnado de 2º ESO visita, de 11:30 a 14:00 horas, o CEIP Manuel Fraga Iribarne para compartir cun grupo de primaria a lectura dunha selección de textos.
Organizan a Biblioteca e os departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega.
Foi unha xornada ben bonita xa que a rapazada de 2ºESO foi de visita ó Cole para lerlles uns textos ós máis pequenos e lemos fragmentos dalgunhas obras insispensables da literatura europea
Hoxe entramos á clase ó ritmo de "Grândola, vila morena" e repartimos caraveis para conmemorar o 50 aniversario da Revoluçao dos Cravos.
O alumnado de 1º BAC que forma parte do equipo de Polos Creativos participa o venres 26-04-24 de 08:30 a 18:00 horas na xornada de exposición en Santiago.
Un grupo de 15 alumnas/os de ESO e 1º BAC participa na segunda sesión do obradoiro "ANÍMATE! introdución ao cine de animación" da man do artista local Borja Guerrero Parapar, o luns 29-04-24 de 11:30 a 14:00 horas.
Trátase de abrir unha vía de traballo e de creación enfocado ao mundo do audiovisual e do cine. As novas tecnoloxías permítennos traballar no mundo da animación con material próximo sen necesidad de contar cun gran presuposto, facer producións “profesionais” co mundo que nos rodea, todo vai depender da nosa pericia e destreza coas distintas ferramentas e materiais que utilicemos: – Imaxinación, Gañas, Materia prima (lápices, papeis, plastilina, obxectos de refugallo…) e Tablet ou móbil.
Segunta parte
A modo de práctica, os asistentes crearán as suas propias animacións en stop motion.
Finalmente, cada participante fará un plano ou máis a partir dun guión gráfico, cada un destes planos corresponderase cunha parte dun filme.
Deste xeito e entre todos trataremos de facer unha pequena curtametraxe.
A actividade está organizada polo equipo de Biblioteca e o departamento de Educación Pástica.
O pasado martes 30 de abril o alumnado de 3ºESO realizou unha saída didáctica a Santiago de Compostela acompañado das profesoras Patricia Vázquez e Sara Filgueira.
Pola mañá acudiron á Cidade da Cultura para visitar a exposición de realidade aumentada "Hábitats. Natureza estendida". E, tras unha pausa para xantar, pola tarde participaron nun roteiro histórico-literario pola cidade vella.
A actividade foi organizada conxuntamente polos departamentos de Lingua Galega e Literatura, Física e Química e polo EDLG.
#saída #excursión #compostela #edlg #exposición #hábitats #literatura
O pasado venres, 3 de maio, un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato integrado por Sara Armada, Carmen Fustes, Zoe Gómez, Alba Martínez e Laura Salgueiro, xunto coas profesoras Bea Otero, Patricia Vázquez e Sara Filgueira, participaron no II Congreso Nacional Escola Rural, celebrado en Ribadavia. Alí, as nosas representantes deron a coñecer ante profesionais da educación de toda España os proxectos e actividades que se levan a cabo no noso centro.
Grazas ó CFR de Ferrol por contar con nós para esta actividade.
O alumnado de 4º ESO participa no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol no Programa D'tec o luns 6-5-24 de 08:30 a 17:30 horas.
Trátase dunha xornada de innovación que inclúe:
1º.- Taller D´Tec En Caída. Tecnolab: A actividade consiste nunha aproximación experimental á telemetría e ao deseño. Os participantes terán unha dobre misión. Por unha banda, deseñar un sistema de descenso para un piloto de probas (un ovo) e polo outro, programar un sistema que lles permita recoller datos mediante telemetría, monitorizando diferentes parámetros do descenso. O reto consistirá en conseguir que o noso piloto sobreviva e que o dispositivo recolla os datos da caída, que deberán manterse en valores compatibles coa supervivencia do piloto.
2º.- Taller D´Tec Cosendo o futuro. Os e-téxtiles: Hoxe en día estamos rodeados de materiais innovadores, que cada vez se integran máis na nosa vida cotiá. E os tecidos non escapan a esta revolución. Comprobámolo? Durante o taller recibiremos unha formación básica en programación e posteriormente pasaremos á fase de deseño, creando unha peza ou complemento que integrará unha placa electrónica programable e reaccionará aos estímulos que programemos (cambios de intensidade de luz, ruído, movemento…).
A actividade está organizada polo departamento de Tecnoloxía.
CANCELADA
O alumnado de 4º ESO A e PDC realiza un taller a cargo de ASFEDRO sobre "Prevención do xogo patolóxico no ámbito escolar: xogo revolto" o mércores 8-5-24 de 10:10 a 11:00 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Orientación.
CANCELADA
O alumnado de 2º ESO A realiza un taller a cargo de ASFEDRO sobre "Habilidades sociais" o mércores 8-5-24 de 11:30 a 12:20 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Orientación.
CANCELADA
O alumnado de 1º ESO A realiza un taller a cargo de ASFEDRO sobre "Habilidades sociais" o xoves 9-5-24 de 9:20 a 10:10 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Orientación.
CANCELADA
O alumnado de 2º ESO B realiza un taller a cargo de ASFEDRO sobre "Habilidades sociais" o xoves 9-5-24 de 10:10 a 11:00 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Orientación.
CANCELADA
O alumnado de 3º ESO A realiza un taller a cargo de ASFEDRO sobre "Prevención de condutas aditivas no ámbito escolar; non pasa nada, pasa algo?" o xoves 9-5-24 de 11:30 a 12:20 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Orientación.