Eventos
O alumnado de 1º ESO A ten unha charla do Plan Director sobre "Ciberseguridade" o mércores 13-12-23 de 10:10 a 11:00 horas.
A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.
O alumnado de 2º ESO B ten unha charla do Plan Director sobre "Acoso e ciberacoso escolar" o mércores 13-12-23 de 11:30 a 12:20 horas.
A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.
O alumnado de 2º ESO A ten unha charla do Plan Director sobre "Acoso e ciberacoso escolar" o mércores 13-12-23 de 12:20 a 13:10 horas.
A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.
O noso alumnado de 4º ESO participou nun programa de inmersión lingüística nos Peares do 10 ao 16 de decembro.
Xunto ao alumnado doutros centros, potencian especialmente a súa capacidade para a comprensión e expresión orais mediante a estancia durante varios días nunha instalación que posibilita a inmersión total en inglés con profesorado nativo.
Así mesmo, mediante a metodoloxía CLIL, facilítase a adquisición de contidos adecuados para cada etapa educativa, e os programas complétanse coa realización de talleres, xogos, deporte, ...