Eventos
O alumnado de 4º A e PDC asiste a un taller sobre "Volencia de xénero no novo contexto dixital" o luns 20-11-23 de 16:00 a 17:40 horas.
Está impartido por June Pereiro do equipo de formación en Igualdade e Convivencia de Pantallas Amigas dentro das actuacións ofertadas pola Secretaría Xeral de Igualdade.
Organiza o Departamento de Orientación e o Concello de Cariño
O luns 27-11-23, de 16:00 a 17:40 horas, todo o centro participa na conmemoración polo 25N e despois celebramos o Magosto. Haberá degustación de castañas asadas e, se a meteoroloxía o permite, poderase participar en xogos tradicionais no exterior.
A actividade está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración do Departamento de Educación Física.
1ª avaliación de 2º BAC de 18:00 a 18:45 horas
O alumnado de 1º ESO ten unha charla do Plan Director sobre "Delitos de odio e discriminación" o mércores 29-11-23 de 10:10 a 11:00 horas.
A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.
O alumnado de 4º ESO ten unha charla do Plan Director sobre "Drogas e alcohol" o mércores 29-11-23 de 11:30 a 12:20 horas.
A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.
O alumnado de 3º ESO ten unha charla do Plan Director sobre "Drogas e alcohol" o mércores 29-11-23 de 12:20 a 13:10 horas.
A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.
Dentro do #mesdacienciaengalegonasbibliotecas, nas últimas semanas desenvolvemos o noso concurso de enigmas, organizado pola Biblioteca, o @edlg_ortegal e o @club_ciencias_ortegal.
Un ano máis o concurso contou con gran participación do alumnado, que durante oito recreos intensos espremeron os miolos para resolver os enigmas científicos e lingüísticos que lle fomos propoñendo diariamente. A cousa estivo emocionante! Tanto, que se produciu un empate na categoría T-Rex! Así que a próxima semana haberá un enigma final para determinar os gañadores!!!
O alumnado de 1º ESO A ten unha charla do Plan Director sobre "Ciberseguridade" o mércores 13-12-23 de 10:10 a 11:00 horas.
A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.
O alumnado de 2º ESO B ten unha charla do Plan Director sobre "Acoso e ciberacoso escolar" o mércores 13-12-23 de 11:30 a 12:20 horas.
A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.
O alumnado de 2º ESO A ten unha charla do Plan Director sobre "Acoso e ciberacoso escolar" o mércores 13-12-23 de 12:20 a 13:10 horas.
A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.
O noso alumnado de 4º ESO participou nun programa de inmersión lingüística nos Peares do 10 ao 16 de decembro.
Xunto ao alumnado doutros centros, potencian especialmente a súa capacidade para a comprensión e expresión orais mediante a estancia durante varios días nunha instalación que posibilita a inmersión total en inglés con profesorado nativo.
Así mesmo, mediante a metodoloxía CLIL, facilítase a adquisición de contidos adecuados para cada etapa educativa, e os programas complétanse coa realización de talleres, xogos, deporte, ...
1ª AVALIACIÓN de:
- 2º ESO B de 15:30 a 16:15 horas
- 2º ESO A de 16:15 a 17:00 horas
- 1º ESO A de 17:00 a 18:00 horas
1ª AVALIACIÓN de:
- CICLO de 15:30 a 16:00 horas
- 1º BAC A de 15:30 a 16:30 horas
- 4º ESO PDC de 16:3 a 17:00 horas
- 4º ESO A de 17:00 a 18:00 horas
- 3º ESO A, de 18:00 a 19:00 horas