Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Xuño 08, 2023
Start: 08/06/2023 10:36

Anxo, Sara, Lucía, Naiara e Zoe de 4º ESO gravaron o seu microrrelato científico na radio de Polos Creativos. Os seus microrrelatos foron os 5 seleccionados dentro do I Certame de Microrrelatos Científicos organizado polo centro.

  

Venres Xuño 09, 2023
Start: 09/06/2023 19:30
End: 09/06/2023 21:00

O alumnado de 2º BAC realiza o seu acto de graduació o venres 9-06-23 ás 19:30 horas no Auditorio do Concello de Cariño.

Luns Xuño 12, 2023
Start: 12/06/2023 00:00
End: 12/06/2023 00:00

Juanma García, director do IES Bembézar de Azuaga (Badajoz) púxose en contacto con David Loureiro, porofesor de Lingua Castelá do noso instituto, para unha colaboracíon dos dous centros.

Realizaron un TED que trata de glosar as bondades de localidades con nomes singulares como é o caso de Malcocinado (Badajoz) e Cariño (A Coruña) e demostrar que tras un nome chamativo alberganse grandes encantos.

Será Julia, alumna de 1º de BAC e natural de Malcocinado quen vai a facer a charla coa colaboración do alumnado de 1º de BAC de Cariño.

Grazas por pensar en nós!!!

.

Podedes atopar os 2 vídeos do proxecto completo no enlace ao TED:

https://youtube.com/playlist?list=PLVISDicGzNUjG6NUwlZtQk304Z08dDmU-

Start: 12/06/2023 08:30
End: 12/06/2023 20:30

O alumnado finalista do certame literario intercentros 'Exeria', xunto co alumnado que forma parte do EDLG, realiza unha visita a Redondela e á Illa de San Simón o luns 12-6-23 de 08:30 a 20:30 horas. A xornada inclúe unha ruta en catamarán pola ría de Vigo, o acto de entrega de premios do certame, unha excursión pola Illa de San Simón para coñecer a súa historia e un xantar de fraternización co alumnado finalista dos outros centros.

A actividade está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

     

Start: 12/06/2023 10:10
End: 12/06/2023 17:40

O alumnado de 3º e 4º ESO e de 1º BAC realiza unha xornada de actividades acuáticas o luns 12-6-23 de 10:10 a 17:40 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Educación Física.


Martes Xuño 20, 2023
Start: 20/06/2023 11:00
End: 20/06/2023 11:30

O 20 de xuño fixemos entrega dos exemplares da revista Fume cos traballos do alumnado que participou no obradoiro "A linguaxe da ilustración: unha forma visual de contar historias" realizado polo artista local Borja Guerrero Parapar.
Grazas a Borja pola maquetación a OQO Editora pola impresión.
Esperamos continuar coa formación o próximo curso!!!

  

Mércores Xuño 21, 2023
Start: 21/06/2023 08:30
End: 21/06/2023 14:00
O mércores 21 de xuño realizaranse diferentes actividades para despedir o curso escolar.

Ás 8:30 horas o alumnado subira ás aulas, pasarase lista e baixarán ao patio para ata aproximadamente as 10:30 xogar as finais das diferentes actividades deportivas que se viñeron ralizando nos recreos ao longo do curso.

Unha vez rematados os partidos realizaremos unha andaina á praia de Fornos co horario seguinte (son horas aproximadas):

 

  • 10:30-11:30 horas: saída a pé do instituto e chegada á praia.
  • 11:30-13:30 horas: tempo de lecer na praia e comida (o centro mercará como é habitual algo para comer e beber).
  • 13:30 horas: regreso en bus ao instituto.
  • 14:00 horas: recollida de material das aulas, saída dos buses e remate da xornada.

 

Start: 21/06/2023 10:44

Aquí vos deixamos o vídeo de Polos Creativos que o centro presentou ao reto proposto pola Consellería. Moitas grazas a todos os participantes!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut