Eventos
O alumnado de 1º BAC asiste ao obradoiro "Cambio climático no prato" o luns 8-5-23 de 12:20 a 14:00 horas.
Está impartido polo cociñeiro Alejandro Iglesias quen, aplicando un enfoque integral, ten en conta o ciclo de vida dos alimentos e así pode tomar decisións máis acertadas sobre a saúde das persoas e o planeta. Asemade, emprega produtos de Km0 para promover a reflexión sobre o consumo enerxético, a pegada hídrica e a economía local.
A actividade está organizada polo equipo da Biblioteca e o Concello de Cariño
O alumnado de 1º ESO realiza unha ruta pola contorna de Loiba o luns 15-05-23 de 10:10 a 17:40 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Educación Física.
O alumnado de 4º ESO realiza unha saída ao Río Murela o luns 15-05-23 de 11:30 a 14:00 horas. Constatarán a calidade da auga mediante a análise dos macroinvertebrados que en él habitan.
A actividade está organizada polo Equipo do Proxecto Ríos do IES Cabo Ortegal.
Todo o centro disfrutará no instituto da celebración do día das Letras Galegas o martes 16-05-2023 de 11:30 a 14:00 horas.
Haberá un concurso, no que participa parte do alumnado, coas seguintes modalidades:
MODALIDADE DE MÚSICA INSTRUMENTAL:
- Alejandro (2ºEso): “O son do ar” (frauta)
- Mauro (1ºESO): “Armenteira” (gaita)
- Cuarteto Cabo Ortegal: Cris, Mara, Andrea e Noa (2ºEso): “Piornedo” (gaitas e percusión)
MODALIDADE DE RECITADO:
- Zeltia (1ºESO): “Lúa descolorida” de Rosalía de Castro.
- Kiara e Sara (4ºESO): “Canción de cuna para Rosalía de Castro” de Federico García Lorca.
MODALIDADE DE BAILE:
- Now oso: Noel e Xoel (2ºESO): “A Rianxeira”
Pichiñas: Andrea, mara, Nahia, Vania, Noa, Adriana, Melisa e Paula (2ºESO): “Pano de cores”.
- As Ramonas: Laura, Sara, Ana e Lucía (4ºESO): “Alcolitros de Berto e Ramón”.
A actividade está organizada polos departamentos de Lingua Galega e Música e os Equipos de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca.
Un grupo de 15 alumnas/os realiza a primeira sesión do obradoiro "A linguaxe da ilustración: unha forma visual de contar historias" da man do artista local Borja Guerrero Parapar, o luns 22-05-23 e o venres 26-05-23 de 11:30 a 14:00 horas.
Comezan cunha presentación de diversos álbumes ilustrados con distintas técnicas, a continuación realizan unha serie de exercicios plásticos para coñecer distintos formatos cos que levar a cabo os proxectos e, para finalizar, crean as súas propias ilustracións a partir dun texto.
Ademáis, o alumnado participante realizará unha entrevista ao ponente, exalumno do noso instituto e autor do logo que utilizamos habitualmente.
A actividade está organizada polo equipo de Biblioteca
O resultado final podemolo ver no seguinte vídeo
O alumnado de 3º ESO asiste a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote+ o martes 23-05-2023 de 10:10 a 12:20 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Orientación.
O alumnado de 3º ESO A e PDC ten una charla informativa do C.D. Cariño o martes 23-5-23 de 13:10 a 14:00 horas.
A actividade está incluída no programa Coñece o meu club da plataforma Xogade, que pretende ser unha ferramenta para achegar os escolares aos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecéndolles unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre, que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables.
A actividade está organizada polo departamento de Educación Física en colaboración co C.D. Cariño
O alumnado de 1º BAC A ten una charla informativa do C.D. Cariño o mércores 24-5-23 de 09:20 a 10:10 horas.
A actividade está incluída no programa Coñece o meu club da plataforma Xogade, que pretende ser unha ferramenta para achegar os escolares aos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecéndolles unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre, que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables.
A actividade está organizada polo departamento de Educación Física en colaboración co C.D. Cariño
O alumnado de 1º ESO A des ten una charla informativa do C.D. Cariño o mércores 24-5-23 de 10:10 a 11:00 horas.
A actividade está incluída no programa Coñece o meu club da plataforma Xogade, que pretende ser unha ferramenta para achegar os escolares aos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecéndolles unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre, que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables.
A actividade está organizada polo departamento de Educación Física en colaboración co C.D. Cariño
O alumnado de 1º ESO A ten una charla informativa do C.D. Cariño o mércores 24-5-23 de 11:30 a 12:20 horas.
A actividade está incluída no programa Coñece o meu club da plataforma Xogade, que pretende ser unha ferramenta para achegar os escolares aos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecéndolles unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre, que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables.
A actividade está organizada polo departamento de Educación Física en colaboración co C.D. Cariño
O mércores 24-05-23 de 13:00 a 14:00 horas a escritora Eva Mejuto, autora de A ladroa da biblioteca de Meirás, visita o noso centro para presentar á súa obra diante do alumnado de 3º A.
A actividade está organizada polo departamentode Lingua Galega e o equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal.
O equipo de profesorado de Polos Creativos asistiu a unha sesión de formación do escáner 3D impartido pola profesora Ana Penedo, do IES Terra de Soneira de Vimianzo.
O alumnado de 2º ESO A ten una charla informativa do C.D. Cariño o xoves 25-5-23 de 12:20 a 13:10 horas.
A actividade está incluída no programa Coñece o meu club da plataforma Xogade, que pretende ser unha ferramenta para achegar os escolares aos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecéndolles unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre, que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables.
A actividade está organizada polo departamento de Educación Física en colaboración co C.D. Cariño
O alumnado de 4º ESO A ten una charla informativa do C.D. Cariño o xoves 25-5-23 de 13:10 a 14:00 horas.
A actividade está incluída no programa Coñece o meu club da plataforma Xogade, que pretende ser unha ferramenta para achegar os escolares aos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecéndolles unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre, que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables.
A actividade está organizada polo departamento de Educación Física en colaboración co C.D. Cariño
Un grupo de 15 alumnas/os realiza a segunda sesión do obradoiro "A linguaxe da ilustración: unha forma visual de contar historias" da man do artista local Borja Guerrero Parapar, o luns 22-05-23 e o venres 26-05-23 de 11:30 a 14:00 horas.
Comezan cunha presentación de diversos álbumes ilustrados con distintas técnicas, a continuación realizan unha serie de exercicios plásticos para coñecer distintos formatos cos que levar a cabo os proxectos e, para finalizar, crean as súas propias ilustracións a partir dun texto.
Ademáis, o alumnado participante realizará unha entrevista ao ponente, exalumno do noso instituto e autor do logo que utilizamos habitualmente.
A actividade está organizada polo equipo de Biblioteca
O alumnado que forma parte do Club de Ciencias participa nunha saída didáctica ás Illas Cíes e Pontevedra do 26-05-2023 ás 12:00 horas ao 28-05-2023 ás 15:00 horas.
A actividade está organizada polos membros do Club de Ciencias do IES Cabo Ortegal

O alumnado de 2º,3º e 4º ESO, 1º e 2º BAC asiste ao evento de manga, anime, cosplay y gaming de Galicia en A Coruña o sábado 27-05-2023 de 09:30 a 20:00 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Lingua Castelá.
O alumnado que forma parte do Club de Ciencias participa nunha saída didáctica ás Illas Cíes e Pontevedra do 26-05-2023 ás 12:00 horas ao 28-05-2023 ás 15:00 horas.
A actividade está organizada polos membros do Club de Ciencias do IES Cabo Ortegal
Todo o alumnado do centro participa no espectáculo A igualdade non ten truco o luns 29-05-23 de 16:00 a 17:30 horas.A compañía Magia en la Manga, integrada por Sara Rodríguez e Carlos Tomico, presenta un espectáculo que fai un percorrido por diferentes conceptos básicos do feminismo e procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias una maga contemporánea.
A actividade está organizada polos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega e o Concello de Cariño