Eventos
O Equipo Erasmus+ do centro está a comprobar o alcance do Proxecto na Comunidade Educativa do IES Cabo Ortegal. Porén, elaborou unhas enquisas finais (anónimas) que permitirán avaliar a nosa labor e a dos nosos Embaixadores.
Agradecemos a vosa colaboración!
O alumnado de 2º ESO e 3º PDC realiza dous talleres D'tec o martes 25-4-23 de 08:30 a 17:00 horas.
1- Taller D´tec Market lab. Deseño de produto: exploran o traballo de laboratorio de química mentres desenvolven dous produtos cosméticos: bomba de baño e crema hidratante.
2- Taller D´tec Instagram AR: aproximación práctica ao uso da Realidade Aumentada (AR) a través da aplicación Spark que permite o desenvolvemento de contidos aumentados para a rede social Instagram.
A actividade está organizada polo departamento de Tecnoloxía.
Catro alumnos que cursan francés acuden a realizar as probas DELF B1 a Á Coruña o mércores 26-04-23 de 08:30 a 20:30 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Francés.
Oito alumnas de 2º de ESO realizan un contacontos ao alumnado do CEIP Manuel Fraga Iribarne o venres 28-04-23 de 12:00 a 14:00 horas.
A actividade está organizada polo departemento de Lingua Galega e os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lungua Galega.
O alumnado de 1º BAC asiste ao obradoiro "Cambio climático no prato" o luns 8-5-23 de 12:20 a 14:00 horas.
Está impartido polo cociñeiro Alejandro Iglesias quen, aplicando un enfoque integral, ten en conta o ciclo de vida dos alimentos e así pode tomar decisións máis acertadas sobre a saúde das persoas e o planeta. Asemade, emprega produtos de Km0 para promover a reflexión sobre o consumo enerxético, a pegada hídrica e a economía local.
A actividade está organizada polo equipo da Biblioteca e o Concello de Cariño
O alumnado de 1º ESO realiza unha ruta pola contorna de Loiba o luns 15-05-23 de 10:10 a 17:40 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Educación Física.
O alumnado de 4º ESO realiza unha saída ao Río Murela o luns 15-05-23 de 11:30 a 14:00 horas. Constatarán a calidade da auga mediante a análise dos macroinvertebrados que en él habitan.
A actividade está organizada polo Equipo do Proxecto Ríos do IES Cabo Ortegal.
Todo o centro disfrutará no instituto da celebración do día das Letras Galegas o martes 16-05-2023 de 11:30 a 14:00 horas.
Haberá un concurso, no que participa parte do alumnado, coas seguintes modalidades:
MODALIDADE DE MÚSICA INSTRUMENTAL:
- Alejandro (2ºEso): “O son do ar” (frauta)
- Mauro (1ºESO): “Armenteira” (gaita)
- Cuarteto Cabo Ortegal: Cris, Mara, Andrea e Noa (2ºEso): “Piornedo” (gaitas e percusión)
MODALIDADE DE RECITADO:
- Zeltia (1ºESO): “Lúa descolorida” de Rosalía de Castro.
- Kiara e Sara (4ºESO): “Canción de cuna para Rosalía de Castro” de Federico García Lorca.
MODALIDADE DE BAILE:
- Now oso: Noel e Xoel (2ºESO): “A Rianxeira”
Pichiñas: Andrea, mara, Nahia, Vania, Noa, Adriana, Melisa e Paula (2ºESO): “Pano de cores”.
- As Ramonas: Laura, Sara, Ana e Lucía (4ºESO): “Alcolitros de Berto e Ramón”.
A actividade está organizada polos departamentos de Lingua Galega e Música e os Equipos de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca.