Eventos - Filtro:
Mar | ||
---|---|---|
Start: 11/04/2023 20:55
O noso alumnado continúa traballando! Na xornada de hoxe comezaron a preparación da exposición de esculturas de madeira e residuos, recollidos previamente nas praias e complexos dunares de Cariño e no río Mera. Dita exposición poderase visitar no paseo marítimo de Cariño a partir de mañá, grazas á colaboración do Concello. Esta actividade forma parte do proxecto Erasmus+ do centro, do Club de Ciencias e do proxecto de Polos Creativos, xa que se empregou o material recibido para facer as esculturas e o material didáctico que se empregará na difusión.
|