Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
10
Start: 03/04/2023 00:00
End: 10/04/2023 00:00
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA DENDE O 03-04-23 AO 10-04-23 AMBOS INCLUSIVE Start: 10/04/2023 00:00
End: 10/04/2023 23:59
Parte do alumnado de 4º ESO realiza a súa viaxe de fin de etapa a Malta do 10 ao 17 de abril de 2023. A actividade está organizada polo IES Cabo Ortegal.
| 11
Start: 11/04/2023 20:55
O noso alumnado continúa traballando! Na xornada de hoxe comezaron a preparación da exposición de esculturas de madeira e residuos, recollidos previamente nas praias e complexos dunares de Cariño e no río Mera. Dita exposición poderase visitar no paseo marítimo de Cariño a partir de mañá, grazas á colaboración do Concello. Esta actividade forma parte do proxecto Erasmus+ do centro, do Club de Ciencias e do proxecto de Polos Creativos, xa que se empregou o material recibido para facer as esculturas e o material didáctico que se empregará na difusión.
| 12
Start: 12/04/2023 08:30
End: 12/04/2023 20:30
O alumnado de 3º ESO A e PDC participa nunha ximcana polas rúas da cidade vella e visita o Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela o mércores 12-04-23 de 08:30 a 20:30 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Lingua Galega e o equipo de Dinamización da Lingua Galega Start: 12/04/2023 14:13
A exposición Reciclartegal está dispoñible para poder visitala no paseo marítimo de Cariño desde esta mañá. A inauguración oficial tivo lugar cando os nosos Embaixadores divulgaron os seus coñecementos da zona a un público moi especial, o alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Manuel Fraga Iribarne. Explicáronlles, empregando o mapa de Cariño en 3D, o que ocorre cos residuos que chegan aos nosos ríos, mares e océanos e a súa repercusión sobre a fauna e como as correntes mariñas favorecen que os residuos doutros lugares rematen nas praias de Cariño. Unha charla produtiva para concienciar as novas xeracións da importancia de manter limpa a contorna. Noraboa!
| 13
| 14
| 15
| 16
|