Eventos
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA DENDE O 03-04-23 AO 10-04-23 AMBOS INCLUSIVE
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA DENDE O 03-04-23 AO 10-04-23 AMBOS INCLUSIVE
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA DENDE O 03-04-23 AO 10-04-23 AMBOS INCLUSIVE
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA DENDE O 03-04-23 AO 10-04-23 AMBOS INCLUSIVE
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA DENDE O 03-04-23 AO 10-04-23 AMBOS INCLUSIVE
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA DENDE O 03-04-23 AO 10-04-23 AMBOS INCLUSIVE
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA DENDE O 03-04-23 AO 10-04-23 AMBOS INCLUSIVE
VACACIÓNS DE SEMANA SANTA DENDE O 03-04-23 AO 10-04-23 AMBOS INCLUSIVE
Parte do alumnado de 4º ESO realiza a súa viaxe de fin de etapa a Malta do 10 ao 17 de abril de 2023.
A actividade está organizada polo IES Cabo Ortegal.
O noso alumnado continúa traballando! Na xornada de hoxe comezaron a preparación da exposición de esculturas de madeira e residuos, recollidos previamente nas praias e complexos dunares de Cariño e no río Mera. Dita exposición poderase visitar no paseo marítimo de Cariño a partir de mañá, grazas á colaboración do Concello.
Esta actividade forma parte do proxecto Erasmus+ do centro, do Club de Ciencias e do proxecto de Polos Creativos, xa que se empregou o material recibido para facer as esculturas e o material didáctico que se empregará na difusión.
O alumnado de 3º ESO A e PDC participa nunha ximcana polas rúas da cidade vella e visita o Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela o mércores 12-04-23 de 08:30 a 20:30 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Lingua Galega e o equipo de Dinamización da Lingua Galega
A exposición Reciclartegal está dispoñible para poder visitala no paseo marítimo de Cariño desde esta mañá. A inauguración oficial tivo lugar cando os nosos Embaixadores divulgaron os seus coñecementos da zona a un público moi especial, o alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Manuel Fraga Iribarne. Explicáronlles, empregando o mapa de Cariño en 3D, o que ocorre cos residuos que chegan aos nosos ríos, mares e océanos e a súa repercusión sobre a fauna e como as correntes mariñas favorecen que os residuos doutros lugares rematen nas praias de Cariño. Unha charla produtiva para concienciar as novas xeracións da importancia de manter limpa a contorna. Noraboa!
Grazas a La Voz de Galicia e, en especial, a Ana F. Cuba, pola reportaxe publicada no Comarcal axudándonos na divulgación do noso proxecto Erasmus.
O Equipo Erasmus+ do centro está a comprobar o alcance do Proxecto na Comunidade Educativa do IES Cabo Ortegal. Porén, elaborou unhas enquisas finais (anónimas) que permitirán avaliar a nosa labor e a dos nosos Embaixadores.
Agradecemos a vosa colaboración!
O alumnado de 2º ESO e 3º PDC realiza dous talleres D'tec o martes 25-4-23 de 08:30 a 17:00 horas.
1- Taller D´tec Market lab. Deseño de produto: exploran o traballo de laboratorio de química mentres desenvolven dous produtos cosméticos: bomba de baño e crema hidratante.
2- Taller D´tec Instagram AR: aproximación práctica ao uso da Realidade Aumentada (AR) a través da aplicación Spark que permite o desenvolvemento de contidos aumentados para a rede social Instagram.
A actividade está organizada polo departamento de Tecnoloxía.
Catro alumnos que cursan francés acuden a realizar as probas DELF B1 a Á Coruña o mércores 26-04-23 de 08:30 a 20:30 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Francés.
Oito alumnas de 2º de ESO realizan un contacontos ao alumnado do CEIP Manuel Fraga Iribarne o venres 28-04-23 de 12:00 a 14:00 horas.
A actividade está organizada polo departemento de Lingua Galega e os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lungua Galega.