Eventos
O alumnado de 4º ESO e 1º e 2º BAC participan no Auditorio de Ferrol nas IV Xornadas de Orientación Académica e Profesional de Ferrol o 15-02-2023 de 8:30 a 14:30 horas (todavía por determinar).
A actividade está organizada polo departamento de Orientación.
O alumnado de 2º ESO realiza un taller a cargo de ASFEDRO sobre "Habilidades sociais"o mércores 15-02-23 de 09:20 a 11:00 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Orientación.
O alumnado de 1º ESO realiza un taller a cargo de ASFEDRO sobre "Habilidades sociais"o mércores 15-02-23 de 11:30 a 13:10 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Orientación.
O alumnado de 4º ESO realiza un taller a cargo de ASFEDRO sobre "Prevención do xogo patolóxico" o xoves 16-02-23 de 09:20 a 11:00 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Orientación.
O alumnado de 3º ESO A/Ades realiza un taller a cargo de ASFEDRO sobre "Prevención de condutas aditivas"o xoves 16-02-23 de 11:30 a 13:10 horas.
A actividade está organizada polo departamento de Orientación.
Outro ano máis imos celebrar o Entroido coa degustación de chocolate con churros ás 11:00 horas e cun concurso de disfraces de 11:00 a14:00 horas.
VACACIÓNS DE ENTROIDO OS DÍAS 20,21 E 22 DE FEBREIRO DE 2023
VACACIÓNS DE ENTROIDO OS DÍAS 20,21 E 22 DE FEBREIRO DE 2023
O alumnado de 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC asiste o xoves 02-03-2023 de 11:30 a 14:00 horas á representación da obra teatral Alma de Tigre, da compañía Elefante Elegante, no Auditorio de Cariño.
A actividade está organizada polo Concello de Cariño coa colaboración do Departamento de Lingua Galega e Literatura, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca Escolar do IES Cabo Ortegal.
O alumnado que cursa as materias de Filosofía e Latín acuden a Lugo o martes 7-3-23 de 08:30 a 20:00 horas. Pola mañá visita ao museo MIHL, percorrido pola muralla romana, visualización do Julio César do grafitero Diego As, visita á catedral. E, pola tarde, asiste no Auditorio Municipal Gustavo Freire á representación da obra El Persa de Plauto interpretada polo Grupo El Ruiseñor de Culleredo
A actividade está organizada polos departamentos de Filosofía e Latín
O alumnado de 2º e 3º ESO participa nun obradoiro eminentemente práctico sobre Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais o martes 7-3-23 de 11:30 a 13:10 horas.
É un programa que convoca a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e abordará a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os e as menores.
A actividade está organizada polo departamento de Informática.
O alumnado de 4º ESO, 1º BAC e CICLO asiste a unha charla sobre "A nosa pegada dixital en Internet: canto saben de nós e para que o usan" no Pazo da Cultura de Narón o xoves 9-3-23 de 8:30 a 16:00 horas. Despois da charla, faise un tramo da Ruta dos Muiños de Xuvia.
A relatora é Susana Ladra, enxeñeira e doutora en Informática pola UDC, graduada en Matemáticas (UNED), Directora do Campus Innova da UDC, profesora Titular, investigadora do CITIC e Vicepresidenta do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia. Obtivo premios como MSCA 2018 Award ou Premio Ada Byron Nova pola Universidade de Deusto.
A actividade está organizada polos departamentos de Informática, Matemáticas e Tecnoloxía do IES Cabo Ortegal.
O alumnado que cursa a materia de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional realiza varias saídas didácticas á praia da Basteira os días 16, 20, 21 e 23 de marzo de 10:10 a 11:00 horas. As datas poden cambiar por mor da climatoloxía.
A actividade está organizada polo departamento de Bioloxía, o Club de Ciencias, o Proxecto Erasmus+, o Proxecto Ríos e o Programa Polos Creativos