Eventos
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º Bacharelato que van actuar como embaixadores do Xeoparque Cabo Ortegal divulgando a riqueza xeolóxica da contorna, ensaian o seu estreo 'in situ'.
Hoxe, o xeólogo Fran Canosa menciona na Voz de Galicia os nosos embaixadores do Xeoparque.
Grazas Fran!!
Os días 18 e 19 de xaneiro participamos no Encontro Internacional Erasmus+ do CFR de Ferrol que tivo lugar no CIS A Cabana. Alí, montamos unha mesa expositiva para a difusión de todas as actividades feitas dentro do noso proxecto Erasmus+ 'Embaixadores do Xeoparque Cabo Ortegal'.
Moitas grazas ao CFR de Ferrol por invitarnos a participar neste evento!