Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Novembro 25, 2022
Start: 22/11/2022 08:00
End: 25/11/2022 14:00

Neste Mes da Ciencia en Galego desnvólvese o concurso 'En busca do enigma perdido'. 

Do martes 15 ao venres 18 e do martes 22 ao venres 25 de novembro haberá un enigma para cada categoría que estará exposto durante o recreo na entrada da Biblioteca.

A actividade está organizada pola Biblioteca, o EDLG, o Club de Ciencias e o equipo Erasmus+.   

Aquí vos deixamos o cartel da actividade. Animádevos a participar!!

            

 

Start: 25/11/2022 12:00
End: 25/11/2022 13:10

O alumnado de 1º BAC ten unha charca por videoconferencia co xeólogo Fran Canosa o venres 25 de 12:00 a 13:10 horas.

A actividade está organizada polos equipos de Biblioteca Escolar e de Dinamización da Lingua Galega e os membros do Club de Ciencias, do Proxecto Erasmus+ "Embaixadores xeoparque Cabo Ortegal" e do Proxecto Ríos

Start: 25/11/2022 12:15

O IES Cabo Ortegal está a participar no Proxecto "Depórtegal", pertencente á modalidade de Proxectos de Vida Activa e Deportiva do Plan Proxecta.
Para analizar a incidencia deste proxecto nos hábitos de vida activa do alumnado do centro é preciso realizar unha enquisa inicial para poder coñecer o punto de partida.
Esta enquisa é de carácter anónimo.

Enquisa inicial sobre hábitos deportivos do alumnado do IES Cabo Ortegal.


https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdbbXEMyTM_H2uqbfQG41qbSUssHGjEO

onAHGyEAPXottdxtw/viewform?usp=sf_link



Para poder seleccionar os deportes que se realizarán no proxecto "Depórtegal" e facer os correspondentes equipos resulta necesario coñecer os diferentes deportes aos que estaría disposto a participar o alumnado do centro.
Neste caso a enquisa é persoal, de xeito que o alumno ou alumna deberá poñer o seu nome, apelidos, curso e deportes e /ou actividades deportivas nas que estaría disposto a participar.
Así mesmo, o alumnado poderá propoñer outros deportes ou actividades deportivas que lle gustaría que se desenvolvesen neste proxecto.

Cuestionario de elección de deportes.


https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSce-

b1g89tGS61jvJSGfjfag5eS4N7_4qsudXBYp6hKemD4XQ/viewform?usp=sf_link

Luns Novembro 28, 2022
Start: 28/11/2022 13:23

Elisa Álvarez e Beatriz Otero participan na segunda mobilidade do noso proxecto Erasmus+ para realizar o curso 'ICT in the Classroom: Innovative Tools to Facilitate Students Learning, Collaboration and Creativity' en Atenas. O curso desenvólvese desde o luns 28 de novembro ata o sábado 3 de decembro.

Actividade financiada pola Unión Europea.

                     

                                                

Martes Novembro 29, 2022
Start: 29/11/2022 13:10
End: 29/11/2022 14:00

O alumnado de 1º ESO ten unha charla sobre Ciberbulling e as consecuencias do Acoso Escolar a través das Redes Sociais e en especias a través de WhatsApp, impartida por membros da Garda Civil, o martes 29-11-22 de 13:10 a 14:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación.

 

Luns Decembro 05, 2022
Start: 05/12/2022 00:00

DÍA NON LECTIVO ESCOLLIDO POLO CENTRO

Start: 05/12/2022 10:00

Patricia Vázquez e María Muiño participan na terceira mobilidade do noso proxecto Erasmus+ para realizar o curso 'Environmental Education: Learning and Acting for a Better Future' en Dublín. O curso desenvólvese desde o luns 5 de decembro ata o venres 9 de decembro.

Actividade financiada pola Unión Europea.

       

             

Martes Decembro 06, 2022
Start: 06/12/2022 00:00

DÍA DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

Xoves Decembro 08, 2022
Start: 08/12/2022 00:00

DÍA DA INMACULADA

Sábado Decembro 17, 2022
Mércores Decembro 21, 2022
Start: 21/12/2022 11:30
End: 21/12/2022 13:30

O alumnado participante no festival de Nadal vai a realizar un ensaio o mércores 21-12-22 de 11:30 a 13:30 horas. Na sala de profesores poñerase un listado para consultar.

A actividade está organizada polo departamento de Música.

Xoves Decembro 22, 2022
Start: 22/12/2022 08:30
End: 22/12/2022 14:00

Todo o centro participa no festival de Nadal que terá lugar no Auditorio de Cariño de 10:15 a 12:15 horas.

Unha vez rematado voltaremos ao instituto onde nos esperan o chocolate con churros.

E así comezamos as vacacións de Nadal.

FELICES FESTAS!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut