Eventos
O noso alumnado de Bacharelato do Club de Ciencias inaugurou as actividades do curso 22-23 cunha ruta micolóxica pola Serra da Capelada. Aproveitando o comezo da tempada, puido coñecer algúns dos cogomelos máis característicos da nosa zona.
O Equipo Erasmus+ do centro elaborou estas enquisas (anónimas) para analizar os coñecementos da comunidade educativa do IES Cabo Ortegal respecto ao Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal.
Agredecemos a vosa participación!