Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Setembro 06, 2022
Start: 06/09/2022 18:22

A semana pasada, dentro da avaliación do Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal por parte da Unesco, o centro recibiu a visita da comisión avaliadora encabezada por Chris Woodley-Stewart e César Alejandro Goso xunto có alcalde de Cariño, para coñecer o proxecto europeo Erasmus+`'Embajadores del Geoparque Cabo Ortegal' que o centro está a desenvolver e que foi deseñado polo Equipo Erasmus+ do mesmo.

As profesoras Elisa Álvarez e Beatriz Otero comentaron en que consiste esta iniciativa, enfocada no coñecemento e na divulgación da riqueza xeolóxica da zona, pero tamén na preservación da cultura. Cinco das alumnas participantes, Natalia Colorado, Laura Iglesias, Ainoa Villar, Mónica Rodríguez e Carme Pita falaron cos avaliadores sobre o traballo que se está facendo no instituto e ensináronlles dúas pezas audiovisuais producidas pola rapazada, unha en clave de humor e outra cun argumento máis profundo no que enfía o alzheimer coa pervivencia da tradición oral e musical.

Esperamos ter contribuido positivamente na avaliación do Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal e desexamos que este territorio acade o recoñecemento de Xeoparque da Unesco.

            

            

 

Distribuir contido


by Dr. Radut