Eventos
O alumnado de 1º Bacharelato visita a exposición 'Las chicas somos guerreras' no local social da Casa do Concello o mércores 24 de marzo de 11:00 a 12:20h. Dita exposición é unha nova proposta do proxecto de divulgación Ciudad Ciencia para Cariño, que foi deseñada polo Museo Nacional de Ciencias Naturais do CSIC.
O alumnado de 4º ESO ten unha charla coa autora Arantza Portabales o luns 12-4-21 de 16:00 a 16:50 horas
O xoves 15 de maio de 11:50 a 17:00 horas, o alumnado de 1º BAC realizará unha ruta á Praia de Areas Negras de Teixidelo organizada polo Club de Ciencias do instituto.
O Club de Ciencia organiza o concurso 'Snack Experiments' para o alumnado de 1º Bach. O concurso consiste en gravar un video curto no que se leve a cabo un experimento breve con materiais que se teñen na casa.
Vídeos finalistas
Gañadora do concurso
Agasallo aos participantes
O alumnado de 3º PMAR asistirá a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote o martes 20 de abril de 08:30 a 10:10 horas
O alumnado de 3º ESO asistirá a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote o martes 20 de abril de 10:10 a 12:20 horas
O alumnado de 4º ESO asistirá a un taller sobre sexualidade impartido por Quérote o martes 20 de abril de 12:20 a 14:00 horas
O alumnado de 3º ESO A e 4º ESO A terá o venres 23 de abril de 2021 unha charla/obradoiro sobre "Por qué nacín enxeñeira?" impartida por Eva Cernadas García, profesora titular de universidade e investigadora vinculada ao CiTIUS