Eventos
Hoxe foi o útlimo día de traballo no centro da nosa auxiliar de conversa, Suzzane Boretz. Os alumnos da sección bilingüe de tecnoloxía e a súa profe están moi agradecidos polo seu traballo, o seu interese e a súa actitude.
Foi un placer tela no centro este curso!! See you soon Suz!!
A partir de hoxe 5 de xuño de 2018 no Mupega poderedes ver unha pequena mostra da obra de Adrián Pernas, un estudante de 17 anos do Ies Cabo Ortegal, que a pesares da súa xuventude salienta xa, co seu talento para o retrato e a pintura. Autodidacta e creativo, emprega materiais e instrumentos da vida cotiá para realizar as súas obras.
O alumnado de 2º de ESO realiza unha visita ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña o martes 5 de xuño de 2018 de 08:30 a 19:00 horas
O alumnado de 4º de ESO realiza unha viaxe didáctica ao Algarve, con motivo da súa finalización dos seus estudos de secundaria, do 16 ao 22 de xuño de 2018.
O martes 19-6-18 o comunicador do programa Ábrete de orellas de Radio Filispim realiza un taller de radio co alumnado de 1º de BAC de 11:15 a 12:00 horas e con 4º de ESO e 2º de BAC de 12:00 a 13:10 horas. Empezarán cunha charla e logo pasarán a practicar na nosa radio Forza Oito.
Coa colaboración do concello esperamos que pronto se poda escoitar na FM coma calquera radio tradicional, pero mentres tanto pódese xa acceder aos primeiros programas en Internet na plataforma de podcast Ivoox, só tedes que buscar por IES Cabo Ortegal ou Forza Oito.
O martes 19 de xuño de 12:20 a 14:00 horas o alumnado de 3º ESO A B C ten unha charla dentro do programa QUÉROTE + organizada polo departamento de orientación na aula de Usos Múltiples.
Como todos os anos, toda a comunidade educativa realiza a andaina de fin de curso á praia de Fornos
O alumnado de 2º de BAC, que remata os seus estudios no noso centro, celebra o seu acto de graduación de despedida o xoves 21 de xuño ás 19:00 horas no Auditorio do Concello de Cariño.
Ao rematar, a ANPA convida aos presentes a uns aperitivos na sala de lecturas da Casa da Cultura de Cariño. Despois, os recentemente graduados agasallan aos presentes cuns pinchos e poñen o broche final cunha cea nun restaurante da zona.