Eventos
O alumnado de 1º e 2º de ESO realiza o mércores 23 de maio de 2018 de 8:30 a 15:00 horas, dentro da campaña de promoción dos deportes náuticos dentro do centro, una sesión de 3 horas onde se imparten contidos de vela lixeira, de piragüismo e DE kaiak polo, ademáis organízase unha ruta para ter unha toma de contacto co paddle board.
Con motivo da celebración do día das Letras Galegas o alumnado do instituto realiza unha actuación na rúa o venres 25 de maio de 2018 de 11:15 a 14:00 horas na explanada ao carón da praza de abastos
Participan o grupo de Danza de Arcos do IES Cabo Ortegal xunto con un grupo de gaiteiros que acompañarán no momento de cantar o Himno Galego.
Hoxe foi o útlimo día de traballo no centro da nosa auxiliar de conversa, Suzzane Boretz. Os alumnos da sección bilingüe de tecnoloxía e a súa profe están moi agradecidos polo seu traballo, o seu interese e a súa actitude.
Foi un placer tela no centro este curso!! See you soon Suz!!
A partir de hoxe 5 de xuño de 2018 no Mupega poderedes ver unha pequena mostra da obra de Adrián Pernas, un estudante de 17 anos do Ies Cabo Ortegal, que a pesares da súa xuventude salienta xa, co seu talento para o retrato e a pintura. Autodidacta e creativo, emprega materiais e instrumentos da vida cotiá para realizar as súas obras.
O alumnado de 2º de ESO realiza unha visita ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña o martes 5 de xuño de 2018 de 08:30 a 19:00 horas