Eventos
O alumnado de 3º DE ESO que cursa a materia de Tecnoloxía bilingüe realiza unha viaxe didáctica a Londres do mércores 4 ao domingo 8 de abril de 2018.
O alumnado de 2º ESO A almorzou na cafetería do instituto de 08:30 a 09:20 horas
A alumna Alba Rodríguez Novo e os alumnos Antón Filgueira Barcón, Mario Fraga Fernández e Adrián Fraguela Casto, de 1º de BAC, acuden a unha Master Class de física que organiza a Universidade de Santiago de Compostela.
O alumnado de 2º ESO B almorzou na cafetería do instituto de 08:30 a 09:20 horas
O alumnado de 1º e 2º de BAC realiza unha visita ao campus da Coruña o xoves 12 de abril de 2018 de 07:45 a 19:00 horas.
O alumnado de 3º ESO ten unha charla dentro do programa QUÉROTE + de 10:25 a 12:05 horas
O alumnado de 3º e 4º de ESO participa nunha charla, e posterior firma de libros, co autor Hector Cajaraville o martes 17 de abril de 2018 no Aula de Usos Múltiples do centro de 12:30 a 14:00 horas.
Os alumnos do IES Cabo Ortegal Mario Fraga Fernández, estudiante de 1º de Bac, e Adrián Pernas Lamas, de 2º de Bac, foron entrevistados pola Voz de Galicia.
Mario é debuxante de cómics e ten publicado o seu traballo «Arlén», e Adrián decántase polo realismo e exporá os seus debuxos no Museo Pedagóxico de Galicia.
Podedes ver a entrevista completa clicando no seguinte enlace
Mario, amosando a portada do seu cómic Arlén e Adrián cun debuxo feito por el
O alumnado de 1º e 2º de BAC que cursan Bioloxía teñen unha charla sobre as posibles saídas da carreira de Farmacia impartida por Lisardo Álvarez de 12:20 a 14:00 horas na Aula de Usos Múltiples
O alumnado de Ciclo, de 1º e 2º de BAC e de 4º da ESO que cursan TIC realiza unha saída didáctica a Lugo na que visitan o periódico O Progreso e a Muralla romana o mércores 25 de abril de 09:20 a 18:00 horas.
É, como ven sendo habitual, tamén saímos na prensa, neste caso en El Progreso
O xoves 26 de abril de 2018 o alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de BAC que cursan a materia de Música realizan unha viaxe a Vigo de 07:00 21:30 horas
O 26 de abril de 10:45 a 12:30 horas o alumnado de 4º de ESO, de 1º e 2º de Bac de ciencias participa nunha actividade por streaming de vídeo con motivo da celebración do Día Internacional das Rapazas nas TIC.
O alumnado de 1º e 2º de BAC ten unha charla cun representante da USC o venres 24 de abril de 2018 de 11:15 a 12:05 horas.