Eventos
Visita do alumnado de 1º da ESO ao Museo Etnográfico e ao CEIP Mosteiro de Caaveiro de A Capela o venres 19 de xaneiro de 10:00 a 14:00 horas
O mércores 24 de xaneiro de 2018 o alumnado de Ciclo, de 1º e 2º de BAC que cursan Física e Química, Tecnoloxía e TIC visitan o CIT e o Museo de Historia Natural de Ferrol de 09:30 a 17:00 horas.
O alumnado de 1º e 2º de BAC participa nunha charla impartida por Ana Isabel Boullón Agrelo da USC sobre os "Apelidos galegos" o martes 30-1-18 de 10:25 a 11:15 horas na Aula de Usos Múltiples.
O alumnado de 1º e 2º de BAC acude a unha charla impartida por Antonio Rigueiro Rodríguez da USC sobre os "Bosques de Galicia" o venres 2 de febreiro de 2018 de 11:15 a 12:05 horas na Aula de Usos Múltiples.
O alumnado de Ciclo e de 1º e 2º de BAC que cursan TIC I e TIC II realiza unha saída didáctica a Santiago de Compostela na que visitan o Centro de Supercomputación de Galicia o mércores 7 de febreiro de 08:30 a 18:00 horas
O venres 9 de febreiro, de 11:15 a 14:00 horas o IES Cabo Ortegal celebra o Entroido.
Haberá un concurso de disfraces, actuacións musicais, photocall e degustación de chocolate con chaolas.
Houbo premios para todos. A continuación expoñemos os principais:
Os astronautas David Ramos e Tatiana Rey 1º ESO B |
Tetas Arantxa Aneiros e Aida Bellón 1º BAC |
Roaschch Mario Fraga 1º BAC |
A galiña Miguel López 1º ESO A |
Comic Carla Villasuso, Antía Pita, , , Paula Varela, Claudia Sánchez, Iria Armada, Elena Balado, Manuel Fraguela, Natalia Colorado e Lucía Ferro 1º ESO A e B |