Eventos
O 19 de decembro "The 0,5 Band" felicitou o Nadal con 5 panxoliñas en inglés:
O 20 decembro, parte do alumnado e profesorado do IES Cabo Ortegal participou na gravación dunha flashmob no faro do Cabo Ortegal para o concurso da campaña de Gadis "Global Muiñeira".
Esta actividade foi organizada pola profesora Marián Calvo, que, contando coa axuda de gran parte de profesoras e profesores e coa participación e motivación de alumnas e alumnos, conseguiu un espectacular video que se pode ver na páxina oficial do concurso clicando no seguinte enlace: Global Muiñeira.
A Actividade tivo gran repercusión na prensa escrita como podemos ver na Voz de Galicia e en Ferrol360.es
Noraboa a todos/as!!!
O 21 de decembro de 2017 toda a comunidade educativa participa no festival de Nadal que se celebra no Auditorio do Concello de Cariño de 09:30 a 13:10 horas.
Visita do alumnado de 3º e 4º da ESO de ciencias ao Parque Eólico Experimental Sotavento en Xermade o luns 8 de xaneiro de 2018 de 08:30 a 17:40 horas.