Eventos
Co gaio da conmemoriación do 25 de novembro, día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a alumna fíxo lectura dun manifesto no IES Cabo Ortegal.
O luns 27 de novembro de 08:30 a14:00 horas o alumnado de 1º ESO A e A desdobre realiza unha andaina polos acantilados de Loiba guiados polo xeólogo especialista de Fran Canosa.
O xoves 14 de decembro de 10:25 a 12:05 horas o alumnado de 3º ESO A, B e PMAR participa nun obradoiro co título "cartas de amor" na Aula de Usos Múltiples. Tamén visitou a exposición que co mesmo título estaba no vestíbulo do noso centro.
O xoves 14 de decembro de 12:20 a 14:00 horas o alumnado de 4º ESO A participa nun obradoiro co título "cartas de amor" na Aula de Usos Múltiples. Tamén visitou a exposición que co mesmo título estaba no vestíbulo do noso centro.
O 19 de decembro "The 0,5 Band" felicitou o Nadal con 5 panxoliñas en inglés:
O 20 decembro, parte do alumnado e profesorado do IES Cabo Ortegal participou na gravación dunha flashmob no faro do Cabo Ortegal para o concurso da campaña de Gadis "Global Muiñeira".
Esta actividade foi organizada pola profesora Marián Calvo, que, contando coa axuda de gran parte de profesoras e profesores e coa participación e motivación de alumnas e alumnos, conseguiu un espectacular video que se pode ver na páxina oficial do concurso clicando no seguinte enlace: Global Muiñeira.
A Actividade tivo gran repercusión na prensa escrita como podemos ver na Voz de Galicia e en Ferrol360.es
Noraboa a todos/as!!!
O 21 de decembro de 2017 toda a comunidade educativa participa no festival de Nadal que se celebra no Auditorio do Concello de Cariño de 09:30 a 13:10 horas.