Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Outubro 24, 2017
Start: 24/10/2017 12:05
End: 24/10/2017 12:20

O 24 de outubro entregamos os diplomas aos mellores expedientes do curso 2016-2017 do noso centro.

1º ESO: Paula Varela Cerezales

2º ESO: Laura Trinquete Rubido

3º ESO: Alicia Dorado Santiago

4º ESO: Mario Fraga Fernández

1º BACH: Carla Salgueiro Bereijo

Parabéns aos 5 premiados!!

Start: 24/10/2017 13:10
End: 24/10/2017 14:00

O alumnado de 3º de ESO A, B e PMAR ten un obradoiro de banda deseñada impartido por Santy Gutiérrez o día 24 de outubro de 2017 de 13:10 a 14:00 na aula de Usos Múltiples

Mércores Outubro 25, 2017
Start: 25/10/2017 10:00
End: 25/10/2017 12:52

O alumnado de 3º de ESO A e PMAR ten unha charla sobre a prevención do consumo de drogas o mércores 25 de outubro de 2017 de 10:25 a 12:05 na aula de Usos Múltiples

Start: 25/10/2017 10:25
End: 25/10/2017 12:05

O alumnado de 1º de ESO A ten unha charla sobre habilidades sociais o mércores 25 de outubro de 2017 de 10:25 a 12:05 na aula de Usos Múltiples

Start: 25/10/2017 12:20
End: 25/10/2017 14:00

O alumnado de 1º de ESO B ten unha charla sobre habilidades sociais o día 23 de outubro de 2017 de 12:20 a 14:00 na aula de Usos Múltiples

Start: 25/10/2017 12:20
End: 25/10/2017 14:00

O alumnado de 3º de ESO B ten unha charla sobre a prevención do consumo de drogas o mércores 25 de outubro de 2017 de 12:20 a 14:00 na aula de Usos Múltiples

Venres Outubro 27, 2017
Start: 27/10/2017 12:05
End: 27/10/2017 12:20

O departamento de Biblioteca celebra un concurso de sobremesas de halloween no que podían concursar todo o alumnado do centro. O venres 27 de outubro de 2018 tivo lugar o fallo do mesmo na biblioteca de 12:05 a 12:20.

As/Os gañadoras/es foron: David, Mónica, Ainoa, Elena, Clara, Cristina e Nerea

 

Martes Outubro 31, 2017
Start: 31/10/2017 13:10
End: 31/10/2017 14:00

O alumnado de 3º de ESO A e B ten unha charla sobre drogas e alcohol o martes 31 de outubro de 2017 de 13:10 a 14:00 na aula de Usos Múltiples

Xoves Novembro 02, 2017
Start: 02/11/2017 12:05
End: 02/11/2017 12:20
Xa está aquí o novo cómic de Mario Fraga, alumno de 1º de BAC, da editorial pasionporloslibros, xa está na biblioteca do nos IES.

 

Venres Novembro 03, 2017
Start: 03/11/2017 11:15
End: 03/11/2017 12:05

O venres 3 de novembro de 2017, de 11:15 a 12:05 horas na biblioteca, o alumnado de 2º ESO A e B asisten a unha charla de Tamara Freire (antiga alumna do noso IES e Técnico Superior de Nutrición), na que lles explica o importante de almorzar sempre e dun xeito axeitado.

Luns Novembro 06, 2017
Start: 06/11/2017 12:05
End: 06/11/2017 12:20

Para celebrar o samaín o departamento de Galego e o ENDL celebraron un concurso de decoración de cabazas o luns 6 de novembro de 2017.

Estas son algunhas das presentadas:

Start: 06/11/2017 16:00
End: 06/11/2017 17:40

Como todos os anos no IES Cabo Ortegal celebramos o magosto cunha xornada na que toda a comunidade educativa pasou unha tarde muy aimada de xogos populares e degustación de castañas asadas.

Non podemos olvidarnos de agradecerlle ao concello a súa colaboración proporcionándonos o asador para as castañas e os xogos populares.

 

Luns Novembro 13, 2017
Start: 13/11/2017 08:30
End: 13/11/2017 17:40

O luns 13 de novembro de 2017, de 08:30 a 17:40 horas, o alumnado de 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC Ciencias participou nunha charla de Javier Mas e completou a xornada cunha visita á Escola Escaño de Ferrol.

Mércores Novembro 15, 2017
Start: 15/11/2017 08:20
End: 15/11/2017 09:53

O mércores 15 de novembro de 08:30 a 09:20 horas o alumnado de 2º ESO B participou nun almorzo saudable na cafetería do instituto.

Start: 15/11/2017 10:25
End: 15/11/2017 11:15

O alumnado de 2º de ESO B ten unha charla sobre acoso escolar o mércores 15 de novembro de 2017 de 10:25 a 11:15 na aula de Usos Múltiples

Venres Novembro 17, 2017
Start: 17/11/2017 11:00
End: 17/11/2017 12:00

O alumnado de participou nunha sesión de vídeo streaming do espectáculo de ciencia sobre a astronomía o xoves 23 de novembro de 11:00 a 12:00 horas.

O espectáculo propón, cun enfoque didáctico e ameno, un percorrido polo coñecemento que temos na actualidade do Universo e os diferentes corpos celestes que o compoñen. Así, percorreremos o Universo coñecido utilizando os datos máis actuais que se coñecen e incluíndo abundantes referencias históricas que poñan en valor os avances da ciencia nos últimos decenios.

 

Luns Novembro 20, 2017
Start: 20/11/2017 08:30
End: 20/11/2017 08:30

O luns 20 de novembro de 08:30 a 09:20 horas o alumnado de 2º ESO A participou nun almorzo saudable na cafetería do instituto.

Distribuir contido


by Dr. Radut