Eventos
|
||
O 20 de outubro de 2015 o alumnado de 3º e 4º de ESO realizou un percorrido polas Fragas do Eume. Acompañounos o guía do parque, Segundo, e o profesorado do centro Violeta encargada da biblioteca, Laura profesora de Bioloxía e Jose de Educación Física. Podedes atopar máis información no blog da bliblioteca e tamén no noso twitter @ortegalendo Tamén podedes ver o artigo que La Voz de Galicia publicou da actividade o día 23-10-15 |
O alumnado de 4º ESO e 1º BAC realizaron unha visita ao obradoiro do ceramista Otero Regal; quen lles ensinou as instalacións e lles explicou como era o proceso de elaboración das pezas de cerámica. A continuación asitiu ao cine a ver o filme A praia dos afogados.
E por último realizou un percorrido polo casco antigo de Viveiro, coñendo as historia e os lugares máis emblemáticos da vila.
O luns 16 de novembro todo o centro celebramos o magosto con degustación de castañas asadas e participación en xogos populares.
O pasado martes 17 de novembro o alumnado de 1º de ESO, acompañados por profesoras dos Departamentos de Bioloxía e de Orientación, desprazouse a San Cibrao e Burela para participar na campaña escolar de divulgación da cultura e os recuros do mar “Un Mar de Cultura: Os nenos e o Mar”.
En San Cibrao visitaron o museo provincial do mar e coñeceron o traballo de Paco Frá, o carpinteiro de ribeira da vila (único na Mariña Lucense) e, pola tarde, desprazáronse até Burela para visitar a súa lonxa. |