Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Xuño 01, 2015
Start: 01/06/2015 10:25
End: 01/06/2015 17:40
Hoxe recibimos a visita dos alumnos de 3º ESO do IES  de Alfoz. Fixemos unha visita turística polos lugares máis emblemáticos de Cariño: a fábrica de conservas “La Pureza”, a vila, o Cabo Ortegal, San Andrés de Teixido,… e por suposto, o noso Instituto.
 
 
 
 
Venres Xuño 05, 2015
Start: 05/06/2015 12:05
End: 05/06/2015 13:10
Hoxe rematou o clube de lectura deste curso, gozando coa lectura e cun doce. O alumnado de 4º ESO participou nesta actividade lendo o libro Tes ata as 10 de Francisco Castro.
 

 

Start: 05/06/2015 12:20

O pasado venres 5 de xuño estivo na biblioteca do IES Cabo Ortegal o Físico, investigador e divulgador galego Jorge Mira para impartir dúas charlas: a primeira, para 1º, 2º e 3º ESO, sobre o  percorrido histórico pola loita do ser humano para determinar as dimensións do universo, dende os gregos ata os nosos días; e a segunda, para 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato, sobre curiosidades da ciencia que atinxen á selección sexual, cálculos de temperaturas do ceo-inferno e o movemento do botafumeiro...entre outras cousas. Ao remate das charla houbo unha quenda de preguntas.

Os rapaces disfrutaron moito e foi unha delicia poder escoitalo. Esperamos que plantase unha semente de curiosidade e interese pola ciencia, o noso primeiro obxectivo con estas charlas. 

Esta actividade foi realizada polo Departamento de Biblioteca, e colaboraron os Departamentos de Física e Matemáticas.

Mira

Luns Xuño 08, 2015
Start: 08/06/2015 08:00
End: 08/06/2015 17:40

Hoxe fomos visitar aos nosos amigos do IES Alfoz-Valadouro. Fixemos unha visita turística polos lugares máis característicos da zona: o Instituto; o Castelo do Castro Ouro; a Finca Galega; a Praia das Catedrais,…. Moitas grazas por este día marabilloso.

 

Luns Xuño 15, 2015
Start: 15/06/2015 16:00

Como remate dos actos levados a cabo este ano dentro do Plan Proxecta, na liña do Proxecto Terra, tivo lugar a conferencia dun gran coñecedor da historia da Comarca do Ortegal. O Cronista José Carlos Breijo Rodriguez (actual director do instituto de Cedeira) impartiu este luns unha charla sobre a evolución histórica da vila de Cariño, analizando tamén a evolución urbana dos espazos públicos e as súas tradicións.

Estes coñecementos serán de gran axuda para a elaboración dos traballos finais do alumnado de 4º da ESO sobre os espazos públicos da vila. Estes traballos estarán expostos na entrada do centro dende finais desta semana.

Carlos Breijo

Mércores Xuño 17, 2015
Start: 17/06/2015 16:00

Como xa é costume nestes últimos anos, o pasado mércores 17 de xuño celebrouse na biblioteca do centro a festa do club de lectura. Durante a mesma fíxose entrega dos diplomas ao alumnado participante nos distintos clubes e ao alumnado colaborador da biblioteca ao longo do curso.

Ao finalizar o acto desgustaron unha merenda na cafetería do centro.

Club de lectura

Xoves Xuño 18, 2015
Start: 18/06/2015 20:00

O pasado xoves 18 de xuño celebrouse o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Tivo lugar no auditorio de Cariño ás 20:00 horas e a el asistiu profesorado, persoal do centro, alumnado e familias.
O acto iniciouse co discurso do director, pasando a continuación ao visionado de vídeos recordatorios das alumnas e alumnos e de Dirección, discurso do alumnado e entrega de bandas e diplomas.

 

Dende o IES Cabo Ortegal os nosos mellores desexos para a nova etapa que comezan.

 

Acto graduación

Distribuir contido


by Dr. Radut