Eventos
O alumnado de 1º de bacharelato do IES Cabo Ortegal recibiu unha charla xeral sobre o Campus e logo realizaron os itinerarios do seu interese.
O alumnado de 1º ESO visitou o Museo Etnográfico da Capela. Alí viaxamos no tempo e descubrimos como vivían os nosos antepasados; descubrimos apeiros de labranzas, distintos utensilios usados na vida doméstica: artesas, olas da nata, a roca e o fuso, a sella,…;e coñecemos os oficios máis tradicionais: zoqueiros, carpinteiros, xastres, cesteiros, …
Hoxe recibimos a visita do ilustrador Xaquín Marín; realizou unha actividade lúdica na que participaron os alumnos de 3º ESO, 4º ESO e Bacharelato. Ademais de facernos gozar cos seus debuxos, deleitounos con anécdotas da súa traxectoria vital e profesional.